DEPORTE ESCOLAR – PRESENTACIÓN PROGRAMA XOGADE CURSO 23/24

Convocado pola Delegación en Ourense da Secretaria Xeral para o Deporte, o coordinador provincial de deporte escolar, D. Carlos Bericat, presentou o Programa XOGADE para o curso 23/24 aos centros de ensino da comarca.

Asemade, o coordinador provincial trasladou aos presentes que este ano vaise celebrar no circuito de campo a través de A Veronza do Complexo Deportivo Municipal O Xestal o Campionato Provincial de Campo a través (16/Decembro/2023) e o Campionato Galego de Campo a través (14/Xaneiro/2024).

A vindeira xuntanza terá lugar o xoves, 5 de Outubro, convocada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro para elaborar o Calendario de Actividades para este curso, ata o 30 de Maio .