FINAL COMARCAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

CIRCUITO A VERONZA / COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL

A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 24/25, vaise celebrar o mércores 6 de novembro a Final Comarcal Escolar na que tomarán parte nen@s de todos os colexios da comarca.

As probas darán comenzó ás 10:30 h. ata as 13:00 h. Participando nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Os Centros participantes na Final Comarcal Escolar O Ribeiro son; IES O RIBEIRO, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, CRA AMENCER, CEIP CARMNE GARCÍA CARRASCO CENLLE, CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA, CEIP VIRXE GUADALUPE AVIÓN, CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO, CEIP SAN SALVADOR ARNOIA, CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA, CEIP QUINS-MELÓN, CEIP ANTONIO CARPINTERO ARBO, CEIP MANUEL SUEIRO CRECIENTE, CEIP VALEIXE E CEIP PLURILINGÜE A CAÑIZA.

Daranse cita no circuito a Veronza do Complexo O Xestal 550 nen@s, o campionato será clasificatorio para o Campionato Provincial que se celebrará o 14 de Decembro en XINZO DE LIMIA.

Asemade, este ano van participar centros de ensino de Pontevedra pertencentes a Agrupación A Paradanta, como experiencia de intercambio, os cales poderán clasificarse para o Campionato Provincial que se celebrará tamén o 14 de Decembro en VIGO.