II CROSS VILA DE RIBADAVIA

O sábado 28 de Xaneiro daranse cita no CIRCUITO A VERONZA do Complexo Municipal O Xestal mais de 1.315 atletas, que participarán no II CROSS VILA DE RIBADAVIA.
Nesta 2ª edición vai acoller tres probas federadas incluidas no caledario da Federación Galega de Atletismo.

XXVI MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO – CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CATEGORÍAS MENORES.
Competición na que tomarán parte as categorías SUB-10, SUB-12 e SUB-14 tanto masculino como feminino.
Participantes : 712 atletas.

XVI CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB16 E L CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB18 HOMES E XLII SUB 18 FEMININO DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL.
Competición na que tomarán parte as categorías SUB-16 e SUB-18 masculino e feminino.
Participantes : 330 atletas.

XXXV CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA MÁSTER DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E CLUBS.
Competición na que tomarán parte as categorías MASTER W-35+, MASTER M35-40 e MASTER M45+, masculino e feminino
Participantes : 273 atletas.