Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 15 de FEBREIRO de 2021 as novas restriccións que afectan a práctica fisico-deportiva de aplicación a toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Medidas que entraran en vigor as 00:00 horas do 17 de Febreiro de 2021.

  • A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA NON FEDERADA

So podera realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre , de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización da máscara.

  • A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA FEDERADA

A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, e os deportistas participantes e demais persoal autorizado non estarán suxeitos ás limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e ás limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno nos casos en que exista causa xustificada.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seusadestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seusadestramentos desenvolveranse sen público de acordoco establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicosou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.