IV XORNADA DA LIGA GALEGA DE KARATE

O sábado 11 de maio, celebrouse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a cuarta Xornada da Liga Galega de Karate da tempada 2023/24, cun total de 576 inscritos pertencentes a 36 Clubes de toda Galicia, que competiron nas modalidades de Kata e Kumite.

As categorías dos participantes eran Pre-benxamín, Benxamín, Alevín,Infantil, Xuvenil e Cadete, e participaron os dous clubes de Ribadavia; Mizukami Escola de Karate e Kaizen Karate Academy, aportando 31 karatekas locais.