KARATE – IV XORNADA LIGA GALEGA

O sábado 11 de Maio nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, vaise celebrar a 4ª xornada da Liga Galega de Karate, en horario de mañá (9:30 h. a 14:30 h.) e en horario de tarde (16:30 h. a 21:00 h.). Un total de 576 inscritos pertencentes a 36 Clubs de toda Galicia tomarán parte na competición nas modalidades de Kata e Kumite.

As categorías dos participantes son Pre-benxamín, Benxamín, Alevín,Infantil, Xuvenil e Cadete.

Participan os dous clubes de Ribadavia; Mizukami Escola de Karate e Kaizen Karate Academy, aportando 31 karatekas locais.

A competición poderá seguirse en directo pola canle YouTube da Federación Galega de Karate e a plataforma web Karate Scoring.