Ven de publicarse no DOGA do 13 de Xaneiro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:
DEPORTE FEDERADO :
- Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.
ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:
- As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 4 persoas sen contar ao monitor.
EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:
- A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre, con aforo máximo do 33%
Tamén facer constar que entre as novas restrición, a limitación da movilidade nocturna comprende o periodo entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.