Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Publicado no DOGA do 19 de Xaneiro de 2021 as novas restriccións que afectan a práctica fisico-deportiva de aplicación a toda a Comunidade Autonoma de Galicia. Todalas medidas recollidas entran en vigor as 00:00 horas do 20 de Xaneiro de 2021.

DEPORTE FEDERADO:

  • As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  • Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista… «de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4…», debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.
  • A práctica da actividade física e deportiva ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de 4 persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Tamén facer constar que:

  • En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.
  • Entre as novas restrición, a limitación da movilidade nocturna comprende o periodo entre as 22:00 horas e as 6:00 horas.
  • Peche perimetral: soamente se permite a entrada e saída do Concello de Ribadavia por motivos sanitarios, laborais e/ou educativos.