O congreso declara o deporte «actividade esencial»

O Congreso dos Deputados declarou o deporte «actividade esencial», grazas ao acordo alcanzado entre os Grupos Socialista e Popular da Cámara Baixa.

O pasado mes de xaneiro, o Grupo Popular presentou unha Proposición Non de Lei (PNL) co fin de obter a declaración do deporte e a actividade física como «actividade esencial» tras a crise provocada polo coronavirus. No devandito documento, constátase que «a práctica regular da actividade e exercicio físico supón un beneficio enorme en todas as dimensións da nosa vida diaria, sendo os seus efectos sobre a saúde e o benestar físico e mental os máis atractivos, mesmo con niveis de práctica reducida». Así mesmo, subliña que «a promoción e a práctica da actividade deportiva e o exercicio físico pode diminuír o risco de infección, así como a probabilidade de hospitalización».

A emenda transaccional á PNL do Grupo Popular exposta a raíz do acordo co Grupo Socialista foi debatida na Comisión de Cultura e Deporte do Congreso dos Deputados, que a aprobou con 25 votos a favor e 12 abstencións.

Na seguinte ligazón podes atopar máis información