RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS

Volta a andar o Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos incluido dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA, promovido polo Consello Municipal de Deportes en coordinación cos Departamentos de Educación Física dos centros de ensino. Dende o luns 17 de Outubro no CPI PLURILINGÜE RIBADAVIA mais no CRA AMENCER, no horario de recreo, o/s técnico/s aportados polos clubes de Ribadavia e polo SMD desenvolven  actividades co obxetivo de estimular entre os alumnos do centros a práctica de actividade física saúdable, xa que según recomendacións da OMS, é importante incrementala na poboación infantil.

Este proxecto que manterase ao longo do curso, xunto co Proxecto DAFIS e mais o Proxecto de Dinamización da Vida Activa e Deportiva, e estarán previsto poñerse en funcionamento neste primer trimestre.

O Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos enmárcase, asemade, dentro do programa CP INNOVA da Consellería de Educación para proporcionar aos centros unha estratexia de mellora da calidade do ensino.

HORARIOS: