8ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

Por razóns técnicas, acórdase mudar a data de celebración da 8ª edición da Carreira Pedestre para o día 3 de Decembro, ao fixar a semana pasada a Federación Galega de Atletismo a MEDIA MARATHON DE VILAGARCIA, proba incluída dentro do Campionato Xunta de Galicia de Marathón, que forma parte do calendario oficial da FG Galega de Atletismo, que restaría participantes a nosa proba de caracter popular.

Todos os inscritos a data de hoxe poden solicitar á Secretaría da FG de Atletismo a devolución do ingreso por dereitos de participación no caso de non atoparse interesados en participar na nova data.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalegas.com 

A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 30 de Novembro de 2023.