27º DÍA DA BICI

Celebrouse a 27 edición do DÍA DA BICI, actividade enmarcada dentro do Plan Ribadavia Activa que ten como obxetivo o fomento do uso da bicicleta a incentivar a actividade física entre a veciñanza. Tomaron parte na mesma 190 ciclistas de todas as idades que disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva, percorrendo un circuito semiurbano de 8 Km. Concentrándose dende as 10:00 horas na Praza Maior para recoller as mochilas (con auga e fruta) e camisetas conmemorativas +Deporte La Región, tomando a saída as 11:00 horas percorrendo as rúas do Progreso, Carballiño, A Veronza, Camiño do Río, Francelos e San Lázaro, para voltar á Praza en torno das 12:30 horas. Colaboraron no control da proba ao longo do percorrido asemade de protección civil e policía local, voluntarios do Club Raiders do Ribeiro e Club Ciclista do Ribeiro.

Ao rematar, na Praza Maior levouse a cabo o sorteo de dúas bicicletas costeadas polo Concello de Ribadavia e seis pares de calcetíns doados polo Club Ciclista do Ribeiro.