Na mañá do xoves 9 de marzo déronse cita na pista cuberta de EXPOURENSE quince colexios de toda a provincia para disputar o Cpto. Provincial de Xogando co Atletismo na categoría Alevín.
A representación da Agrupación Escolar O Ribeiro estuvo formada polos centros clasificados na fase comarcal disputada o 24 de xaneiro nas instalacións do novo sintético do Complexo Deportivo Municipal O Xestal:
- CPI RIBADAVIA (30 nen@s)
- CEIP LEIRO (5 nen@s)
- CEIP ARNOIA (12 nen@s)
- CEIP CENLLE (7 nen@s)
Os nen@s disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva participando nas distintas probas:
- Carreira 10 x 10 metros.
- Lanzamento de xavelina branda.
- Triplo salto saíndo desde parado.
- Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.
- Salto lateral de obstáculo baixo.
- Carreira de relevos.