2ª XORNADA DE LIGA GALEGA KÁRATE

Este sábado 11 de marzo levarase a cabo en Ribadavia a segunda xornada da Liga Galega de Kárate da tempada 2022-2023. Un evento de carácter promocional que se celebrará no Polideportivo Municipal «O Consello» en horario de mañá e de tarde, comezando a xornada de mañá a partir das 10:00 horas, e a da tarde a partir das 16:30 horas.

Dita competición abarcará as modalidades de Kumite e Kata, nas seguintes categorías; pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, estructurándose en dous niveis; iniciación e avanzado

Nesta competición participarán un total de 579 inscritos e 30 clubes, e está dirixida ás categoria base, coa finalidade de lles ofrecer espazos de mellora e crecemento deportivo.

Será retransmitida en directo a través da canle de Youtube da Federación Galega de Kárate.