PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 23/24

O luns, 11 de Setembro do 2023, dará comenzo o programa de actividades físico-deportivas para o curso 23/24, promovido polo Consello Municipal de Deportes.

De luns a sábado, en horario de mañás e serán, ofértanse distintas actividades dirixidas por técnicos especialistas:

  • ACTIVIDADES ADULTOS.- Continúa a oferta do curso pasado con vinte horas semanais de actividades dirixidas.
  • OFERTA INFANTIL.- Asemade da oferta de Escolas Deportivas (iniciación e perfeccionamento) promovidas polos clubes, orientadas ao deporte de competición, neste curso ofertarase a actividade de Baile Moderno como actividade de carácter non competitivo.
  • SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL.- O servizo de Adestrador Persoal con reserva previa. REQUISITOS: estar dados de alta como abonados ao servizo municipal de deportes.

PLAN RIBADAVIA ACTIVA:

En coordinación co Dpto. de E.F. do CEIP Ribadavia e da Fundación Deporte Galego dende o mes de Outubro botarán a andar os proxectos presentados dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA:

1.     PROXECTO DAFIS

2.     PROXECTO RECREOS ACTIVOS/PATIOS DINAMICOS

3.     PROXECTO MELLORA DA CONDICION FISICA PARA A SAÚDE

4.     PROXECTO DINAMIZACIÓN DA VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Proxectos, nesta primeira fase, destinados á poboación infantil.

 

LIGAZÓN: PROGRAMA DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS