ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalegas.com
A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 30 de Novembro de 2023.
O 3 de Decembro, terá lugar a Oitava edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará como en anos anteriores sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta.
A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14 e Sub 12/Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.
Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub 08 e Biberóns.
A recollida de dorsais terá lugar o Domingo 3 de Decembro, ata 25:00 minutos antes da saída de cada categoría na secretaría de competición (fronte ao concello de Ribadavia/Praza Maior, 4).
Todos os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas, fronte o Concello.
A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes contando nesta edición coa coordinación da Federación Galega de Atletismo.
Nesta ligazón está o Regulamento Xeral.