SENDEIRO AZUL – CAMIÑO FLUVIAL AVIA-MIÑO / SENDEIRO TERMAL E DE SAÚDE

SENDEIRO AZUL – CAMIÑO FLUVIAL AVIA-MIÑO / SENDEIRO TERMAL E DE SAÚDE

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), entidade responsable da concesión das bandeiras azuis nas praias e os sendeiros azuis, ven de otorgar a categoría de sendeiro azul ao CAMIÑO FLUVIAL AVIA-MIÑO / SENDEIRO TERMAL E DE SAÚDE.

O proxecto presentado recupera o aportado no ano 2013 formando parte do CIRCUITO de ANDAINAS SAÚDABLES a incluir no Plan Galicia Saúdable.

O sendeiro galardoado vai dende A Veronza pola beira dereita do río seguindo o curso do río Avia ata A Barca, e sigue o curso do río Miño pola marxe dereita ata o río Brul no lugar chamado “Entre Ríos”.

Este percorrido de 3 km e 180 m pasa por unha serie de lugares de alto valor medioambiental e patrimonial, vencellado ao casto histórico de Ribadavia.

Para a concesión do galardón tiveronse en conta :

  • Usos educativos e práctica da actividade física saúdable

Dende o punto da practica de actividades físico-deportivas esta senda está considerada como un equipamento non convencional, con distintos usos:

A diario: camiñar, correr, bicicleta… etc.

Eventos: Forma parte do circuito  do “DÍA DA BICI”, “CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA” e  ANDAINAS SAUDABLES.

Outros: usuarios en xeral e turistas, acceso de propietarios a fincas…

  • Valor medioambiental

Flora: amieiros, freixos, bidueiros, salgueiros, sanguiños, xeofitos, fentos, silvas e otras invasoras como a árbore do ceo, mimosas, robinias e xuncos que é preciso controlar pola súa rapidez de crecemento e ocupación do hábitat doutras especies autóctonas.

Fauna: libélulas, cabaliños do demo, vacalouras, ráspatilongas, salamántigas, píntegas, noitebras, picanzosvermello, paporubios, pardais, papuxas, morcegoratoeiro, lontras, aguaneiras, cobras de colar, lagartos, sapos raxados,  escancers,  parrulos, garzas, teixugos,raposos… etc.

Peixes: Black bas, carpas, escalo, anguía, troita… etc.

  • Importancia cultural declarados, vencellados a presenza do sendeiro

Antiga Fábrica de Electricidade e Presa da VeronzaFábrica de Luz que estivo operativa entre finais do s.XIX e mediados do s.XX.

Ponte medieval (s.XIII-XVI-XIX-XX).

Convento de San Francisco.

Conxunto histórico de Ribadavia s.IX ata principios do s.XX.

Antigo matadeiro, inicios s.XX.

Ponte de Ferro, s.XIX.

Muiño da Raiña e casa do muiñeiros, s.XVIII-XIX.

Presa do Muiños, s.XVIII-XIX.

Conxunto histórico de Ribadavia – Muralla, s.XII-XVIII.

As Insuas: illote que divide as augas do Avia. Refuxio de flora e fauna.

Os Caneiros: construcións de pedra no río para a pesca de peixses, s.XII.

Foz: conxunto de casas e socalcos de viñedos na marxe esquerda.

Socalcos de viñedos marxe dereita.

50 posturas: 50 lugares nominados no río Miño onde os veciños de Francelos tiñan unha Pesqueira para a pesca de peixes e anguías.

Enlace Camiño antiguo á Cabrita, s.XII.

Enlace Camiño antiguo á Congostra do Trasgo, s.XII.

As Augas: manantial de augas minero medicinais nunha Carballeira.

A Riveira: conxunto de viñedos e hortas.

San Xés de Francelos – igrexa perrománica, s.VIII-XIX.

 

Ligazón para consultar a RELACIÓN DE SENDEROS AZULES GALARDONADOS – 2026