PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL 

A asociación galega de xestores deportivos, AGAXEDE concede ao Concello de Ribadavia o PREMIO AO MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.00 HABITANTES.

O próximo 27 de novembro celebrarase en A Coruña a Gala dos premios XVII Galicia á Xestión Deportiva, un encontro de referencia que reunirá a profesionais, entidades e administracións do ámbito deportivo.

O evento desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Previamente ao comezo da Gala, terá lugar a partir das 16:30 o VIII Congreso Galego de Xestión Deportiva, nunha xornada que reunirá a profesionais e persoas vinculadas ao sector deportivo para compartir coñecementos, analizar os retos actuais da xestión deportiva e explorar novas oportunidades de desenvolvemento, con especial atención ao turismo deportivo en Galicia.

Unha vez rematado o Congreso, ás 20:00 horas entregaranse os trofeos e os diplomas acreditativos ás entidades e persoas galardoadas nas seguintes categorías:

PREMIO AO MELLOR PATROCINIO DEPORTIVO

▪ Matrix Fitness

PREMIO AO MELLOR ESTUDO OU INNOVACIÓN

▪ Ángel Barajas Alonso

PREMIO Á MELLOR ACTIVIDADE OU PROGRAMA DEPORTIVO

▪ Clásica Gandeira de Santa Comba

PREMIO Á XESTIÓN SOSTIBLE NO DEPORTE

▪ Roqsport

PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA DE INCLUSIÓN SOCIAL

▪ Escuelas Deportivas Vigo 2015

PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

▪ Club Roller Ourense

PREMIO AO MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.000 HABITANTES

▪ Concello de Ribadavia

PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA NO TERCEIRO SECTOR

▪ Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI)

PREMIO Á MELLOR XESTIÓN DEPORTIVA EMPRESARIAL

▪ BZ55

PREMIO Á MELLOR XESTIÓN PÚBLICA DO DEPORTE

▪ Concello de Ourense

PREMIO AO MELLOR XESTOR DEPORTIVO

▪ Rafael Louzán Abal

PREMIOS DE RECOÑECEMENTO ESPECIAL “José Luís Salvador”

▪ INEF Galicia (40.º aniversario)

▪ La Voz de Galicia