A asociación galega de xestores deportivos, AGAXEDE concede ao Concello de Ribadavia o PREMIO AO MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.00 HABITANTES.
O próximo 27 de novembro celebrarase en A Coruña a Gala dos premios XVII Galicia á Xestión Deportiva, un encontro de referencia que reunirá a profesionais, entidades e administracións do ámbito deportivo.
O evento desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña.
Previamente ao comezo da Gala, terá lugar a partir das 16:30 o VIII Congreso Galego de Xestión Deportiva, nunha xornada que reunirá a profesionais e persoas vinculadas ao sector deportivo para compartir coñecementos, analizar os retos actuais da xestión deportiva e explorar novas oportunidades de desenvolvemento, con especial atención ao turismo deportivo en Galicia.
Unha vez rematado o Congreso, ás 20:00 horas entregaranse os trofeos e os diplomas acreditativos ás entidades e persoas galardoadas nas seguintes categorías:
PREMIO AO MELLOR PATROCINIO DEPORTIVO
▪ Matrix Fitness
PREMIO AO MELLOR ESTUDO OU INNOVACIÓN
▪ Ángel Barajas Alonso
PREMIO Á MELLOR ACTIVIDADE OU PROGRAMA DEPORTIVO
▪ Clásica Gandeira de Santa Comba
PREMIO Á XESTIÓN SOSTIBLE NO DEPORTE
▪ Roqsport
PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA DE INCLUSIÓN SOCIAL
▪ Escuelas Deportivas Vigo 2015
PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA CON PERSPECTIVA DE XÉNERO
▪ Club Roller Ourense
PREMIO AO MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.000 HABITANTES
▪ Concello de Ribadavia
PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA NO TERCEIRO SECTOR
▪ Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI)
PREMIO Á MELLOR XESTIÓN DEPORTIVA EMPRESARIAL
▪ BZ55
PREMIO Á MELLOR XESTIÓN PÚBLICA DO DEPORTE
▪ Concello de Ourense
PREMIO AO MELLOR XESTOR DEPORTIVO
▪ Rafael Louzán Abal
PREMIOS DE RECOÑECEMENTO ESPECIAL “José Luís Salvador”
▪ INEF Galicia (40.º aniversario)
▪ La Voz de Galicia
