ACONDICIONAMENTO APARCADOIRO – CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Rematadas as obras de acondicionamento do aparcadoiro do Centro Deportivo Municipal O Consello.

Executado polo servizo de infraestruturas da Excma. Deputación de Ourense foi rematada a obra de acondicionamento do aparcadoiro do Centro Deportivo Municipal O Consello. Obra que dará servizo aos usuarios (deportistas e público) da instalación.

En adiante levarase a cabo con medios propios do Concello a (señalización, reparar beirarrúas, instalación de papeleiras, bolardos, axardinamento…).

Deste xeito pasamos das 13 prazas de aparcadoiro actuáis a 120 aproximadamente, en consonancia cos fluxos diarios de usuarios deportistas que acceden a instalación.