Autor: smd ribadavia
PROGRAMA DE ACTIVIDADES FÍSICO – DEPORTIVAS 2024-2025
O luns, 16 de setembro, bota a andar a programación de actividades físico-deportivas para o curso 24/25.
A oferta de actividades proposta polo Consello Municipal de Deportes prestada a través da empresa de servizos MOUXIÓN, S.L. está aberta a que ao longo do curso poidan incorporarse outras á demanda dos usuarios.
O requisito para poder tomar parte nas mesmas, é ser abonado ao servizo municipal de deportes.
A programación dirixida á poboación adulta dará comezo o 16 de setembro, nas que se atopan as actividades dirixidas e o servizo de adestrador persoal.
A programación infantil dará comezo o 30 de setembro, na que se atopan as actividades da Escola de Baile, e os Recreos Activos Patios Dinámicos.

HORARIO DE INVERNO

INSCRICIÓN ACTIVIDADE «ESCOLA DE BAILE»
HORARIOS ACTIVIDADES DIRIXIDAS TEMPADA 24/25

PECHE TEMPADA DA PISCINA MUNICIPAL «A VERONZA»
Infórmase aos usuarios e usuarias da piscina municipal «A Veronza», que o vindeiro día 5 de setembro finalizará a tempada de piscina 2024, e estará pechada ao público o día 6.
DEPORTES NAS FESTAS DO PORTAL 2024
PISCINA MUNICIPAL A VERONZA. PECHE TEMPORAL DA INSTALACIÓN
Por motivo da celebración da «Festa da Istoria» acórdase o peche ao público da instalación Piscina Municipal A Veronza, os días 31 de Agosto e 1 de Setembro.
Voltando a abrir o luns 2 de Setembro.
TORNEO TENIS FESTAS DO PORTAL 2024
Os vindeiros días 6, 7 e 8 de Setembro celebraráse nas pistas de tenis do Complexo Deportivo O Xestal o Torneo de Tenis «Festas do Portal».
O derradeiro día de inscrición será o 29 de Agosto a través do email tenisribadavia@gmail.com, incluíndo datos e teléfono de contacto.
VOLEIBOL
Máis de vinte nen@s participaron na xornada de promoción do VOLEIBOL que se levou a cabo o pasado 24 de xullo nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, pola Federación Galega desta disciplina, incluída no programa de fomento do deporte 2024 promovido pola Deputación de Ourense en colaboración cas respectivas federacións.
A actividade que deu comezo ás 11:00 ata as 12:30 horas, estivo dirixida por técnicos da federación de Voleibol, e tivo un contido lúdico para dar a coñecer este deporte.

