GALA FIN DE CURSO

A «GALA FIN DE CURSO» celebrarase o domingo 2 de Xuño ás 11:00 horas na pista central do Pavillón O Consello.

Gala onde actuarán os nenos e nenas que asisten á actividade de «Baile Moderno», e tamén bailarán os usuarios que acuden ás clases de «Zumba».

Entrada de balde e para todos os públicos.

IV XORNADA DA LIGA GALEGA DE KARATE

O sábado 11 de maio, celebrouse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a cuarta Xornada da Liga Galega de Karate da tempada 2023/24, cun total de 576 inscritos pertencentes a 36 Clubes de toda Galicia, que competiron nas modalidades de Kata e Kumite.

As categorías dos participantes eran Pre-benxamín, Benxamín, Alevín,Infantil, Xuvenil e Cadete, e participaron os dous clubes de Ribadavia; Mizukami Escola de Karate e Kaizen Karate Academy, aportando 31 karatekas locais.

 

 

ABONOS TEMPADA 2024 – PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2024
ABONOS TEMPADA


Está aberto o prazo para solicitar o bono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2024.

Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para a tempada 2024:

  • Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premendo en ABONOS DE PISCINA, e indo a opción mercar abonos tempada.
  • Tamén poden descargar o impreso de pago domiciliado da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “AUTOLIQUIDACIÓN”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

TAXAS POR USOS DE ID :

KARATE – IV XORNADA LIGA GALEGA

O sábado 11 de Maio nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, vaise celebrar a 4ª xornada da Liga Galega de Karate, en horario de mañá (9:30 h. a 14:30 h.) e en horario de tarde (16:30 h. a 21:00 h.). Un total de 576 inscritos pertencentes a 36 Clubs de toda Galicia tomarán parte na competición nas modalidades de Kata e Kumite.

As categorías dos participantes son Pre-benxamín, Benxamín, Alevín,Infantil, Xuvenil e Cadete.

Participan os dous clubes de Ribadavia; Mizukami Escola de Karate e Kaizen Karate Academy, aportando 31 karatekas locais.

A competición poderá seguirse en directo pola canle YouTube da Federación Galega de Karate e a plataforma web Karate Scoring.

XORNADA DE ORIENTACIÓN E MULTIXOGO

O 8 de Maio nas instalacións de O Complexo Deportivo Municipal «O Xestal», levouse a cabo a Xornada de Orientación para as categorías cadete/infantil e a Xornada Multixogo para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Con esta xornada danse por rematadas as fases comarcais en todas as modalidades incluídas no programa XOGADE.

Nesta ligazón podes consultar os RESULTADOS de dita xornada.

 

ABONOS TEMPADA 2024 – PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2024
ABONOS TEMPADA


Está aberto o prazo para solicitar o bono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2024.

Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para a tempada 2024:

  • Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premer en RESERVAS/PISCINA, e ir a opción mercar abonos tempada.
  • Tamén poden descargar o impreso de pago domiciliado da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “AUTOLIQUIDACIÓN”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

TAXAS POR USOS DE ID :

CURSO DE NATACIÓN 2024

CURSO DE NATACIÓN 2024

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA

 

NÚMERO DE PRAZAS :  Máximo 80.

IDADE : 4 ANOS en adiante.

DURACIÓN DO CURSO : Dende o 1 de Xullo ao 30 de Agosto.

HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.

 

PROCEDEMENTO E PRAZOS :

SOLICITUDE DE PRAZA :  Ata o 15 de Maio (ás 14:00 horas).

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS : 27 de Maio ao 31 de Maio.

RESERVA DE PRAZA (Aboamento Matrícula) : 3 de Xuño ao 7 de Xuño.

GRUPOS E HORARIOS : 12 de Xuño.

 

PREZO PÚBLICO :

 

CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS :

1º   EMPADROADOS NO CONCELLO DE RIBADAVIA.

2º  ABOADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES : Atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012).

3º  MATRICULADOS NO CURSO ANTERIOR (Curso Natación 2023).

 

Os interesados poden CUBRIR a solicitude dende este enlace SOLICITUDE PRAZA CURSO NATACIÓN, ou ben recollela directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h. ou descargar impreso en formato pdf neste ENLACE e presentalo nas oficinas.

Deberán facer a Solicitude «Reserva de Praza Natación» antes das 14:00 horas do día 15 de Maio.

COMARCAL DE ORIENTACIÓN E XORNADA MULTIXOGO

O 8 de Maio nas instalacións de O Complexo Deportivo Municipal «O Xestal», levarase a cabo a Xornada de Orientación para as categorías cadete/infantil e a Xornada Multixogo para as categorias prebenxamín, benxamín e alevín, incluídas dentro do programa XOGADE .

Con esta xornada darase por rematadas as fases comarcais en todas as modalidades incluídas no programa XOGADE para o curso 22/23.

Nesta ligazón podes consultar maís Información e Instruccións.

LIGA GALEGA DE KARATE

O 11 de Maio, nas instalacións do CDM «O Consello» en horario de mañá e serán vaise celebrar a cuarta Xornada da Liga Galega de Karate Infantil.

O evento, como en anos anteriores, reunirá aos clubes de toda Galicia.