III TORNEO LIGA TENIS RIBADAVIA

Dará comenzo esta fin de semana a 3ª Liga de Tenis Ribadavia. Torneo organizado polo Club Tenis Ribadavia, que se levará a cabo nas instalacións das pistas de tenis do Complexo Deportivo O Xestal todos os venres e sábados ata o 27 de Agosto nos horarios de 19 a 22 horas.

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 8 de XULLO de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor ás 00.00 horas do 10 de xullo, e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA (LETRA C)

Actividade Física non federada

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, recomendase que os grupos non superen as quince persoas sen contar co monitor nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar a actividade deportivas en grupos de ata seis persoas sen contar o monitor.

Actividade Deportiva federada

De ámbito autonómico, axustarase aos corrrespondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
A nivel nacional desenvolveranse de acordó co establecido pola Administración competente e conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
Respecto ao uso de vestiarios e aseos, poderase utilizar o 100% naqueles que dispoñan de cabinas ou o 50% senon dispoñen delas.

Celebración de eventos deportivos

Non poderán superar o setenta e cinco por cento da capacidade, sempre que o público asistente permaneza sentado e cun limite máximo de cincocentas (500) persoas en
instalacións pechadas e mil persoas (1000) en instalacións ao aire libre.
Os organizadores de eventos e actividades deportivas non federadas, como CAMPUS DEPORTIVOS, CAMPAMENTOS DEPORTIVOS OU ACTIVIDADES ANÁLOGAS, deberán contar cun protocolo COVID-19 especifico, que será trasladado a autoridade competente e comunicado aos seus participantes. Os protocolos, elaborados baixo a responsabilidade dos organizadores, deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación a concreta modalidade deportiva segundo establecido nos protocolos aprobados consonte a Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaria Xeral para o deporte, pola que se aproba o protocolo Fisicovid-Dxtgalego.

No caso de eventos realizados en recintos, sexan pechados ou ao aire libre , deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, con información do contacto disponible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Piscinas de uso recreativo
(Cadro resumo publicado pola Xefatura Territorial de Sanidade/Delegación Ourense)

Polo demais seguira sendo de aplicación o recollido na orden do 25 de xuño do 2021, publicada no DOGA, 120-BIS de 25 de Xuño do 2021

A SELECCIÓN ABSOLUTA MASCULINA DE EGIPTO NO P. O CONSELLO

 

A selección absoluta masculina de balonmán de EGIPTO fixo hoxe xoves o derradeiro adestramento do STAGE en terras galegas no Polideportivo O Consello celebrando unha sesión en pista de 10:00 a 12:00 horas. A selección de EGIPTO xunto con CROACIA e OS HISPANOS levan concentrados dende a semana pasada entre Pontevedra e Ourense preparando os xogos olímpicos de TOKIO. En Ourense veñen de participar no PACO PAZ no Torneo Ourense Provincial Termal.

Este último adestramento da selección EGIPCIA celebrouse á porta pechada, admitindo exclusivamente a presenza na bancada dun reducido grupo de adestradores da entidade C. Balonman Carnes do Ribeiro.

O venres viaxan a terras francesas para continuar ca preparación da cita Olímpica na que se atopan encadrados na primeira fase, no grupo B, xunto con Dinamarca, Suecia, Portugal, Japón e Bahrein.

 

 

HORARIO DE VERÁN 2021

A partir do día 21 de xuño entra en vigor no Horario de VERÁN 2021 de apertura ao público nas distintas I.D. municipais.

Horario aprobado no Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, celebrado o pasado 24 de maio do 2021.

 

No PAVILLON «O CONSELLO» o horario será o seguinte:

MAÑÁ: de 9:00 a 13:00 horas / TARDES: de 17:00 a 22:00 horas.

«Horario base que pode mudar en función de actividades puntuais e convenios con entidades deportivas».

 

Pincha aquí para ver a Acta sa Sesión Ordinaria do C.R. 24/5/2021

APERTURA AO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

O LUNS 21 de XUÑO abrirá ao público a piscina municipal de “A Veronza”, o acceso a mesma deberá facerse con PREVIA RESERVA, a través da web www.deportesribadavia.es, ou ben directamente nas oficinas do Consello Municipal de Deportes de luns a venres de 9:00 h. a 13:30 h.

 

HORARIO / QUENDAS

-QUENDA de MAÑÁ: 11:00 h. a 14:30 h.

-QUENDA de SERÁN: 16:30 h. a 20:45  h.

 

PREZO PÚBLICO (ORDENANZA nº 24 PREZO PÚBLICO)

 

ACCESO E  RESERVAS

  • O ACCESO A INSTALACIÓN FARASE PREVIA RESERVA :
      • A TRAVÉS DA WEB  www.deportesribadavia.es
        • ACCEDENDO Á PESTAÑA DE «RESERVAS PISCINA». UNHA VEZ DENTRO PODERÁS «RESERVAR ENTRADAS«.
        • SE ERES ABONADO INTRODUCES NOME E EMAIL, ELIXES O DÍA E A QUENDA E METES O NÚMERO DE ABONADO. RECIBIRÁS NO EMAIL O CÓDIGO QR.
        • SE NON ERES ABONADO PODERÁS PAGAR ENTRADA DIARIA (XUVENIL 1,5 € / ADULTO 2,5 €) MARCANDO TIPO DE ENTRADA, NOME E APELIDOS, DNI E EMAIL. TAMÉN PODES PAGAR O TEU ABONO DA TEMPADA A TRAVÉS DA PESTAÑA «MERCAR ABONOS TEMPADA«.

 

      • DIRECTAMENTE NAS OFICINAS DO SMD DE LUNS A VENRES (9:00 h. a 13:30 h.) OU CHAMANDO AO TLF.- 988471549.

 

  • CADA USUARIO SOMENTE PODERÁ RESERVAR UN MÁXIMO DE SETE QUENDAS, DEBENDO ELEXIR ENTRE A QUENDA DE MAÑÁ OU DE SERÁN.

 

  • OS USUARIOS ESTÁN OBRIGADOS A PASAR POLO CONTROL DE ACCESO AO RECINTO DEBERÁN ACREDITAR A RESERVA DESCARGANDO CÓDIGO QR  (AGÁS USUARIOS DE 0 A 2 ANOS).

 

  • NO CONTROL DE ACCESOS PODERÁ SOLICITARSE A PRESENTACIÓN DO DNI PARA A SÚA COMPROBACIÓN.

 

  • PENALIZACIÓN: OS USUARIOS ESTÁN OBRIGADOS A ANULACIÓN DA RESERVA DE NON FACER USO DA MESMA (A TRAVÉS DA PESTAÑA «ANULAR ENTRADAS«), A SEGUNDA INCOMPARECENCIA CONTINUADA  LEVARÁ APARELLADA A PENALIZACIÓN PARA FACER USO DA INSTALACIÓN DURANTE UNHA SEMANA.

 

NORMAS XERAIS:

AFOROS:

  • AFORO INSTALACIÓN : 60
  • AFORO VASO ADULTOS : 60
  • AFORO VASO INFANTIL : 14
  • AFORO ZONA DE ESTADÍA-1 : 21
  • AFORO ZONA DE ESTADÍA-2: 17
  • AFORO ZONA DE ESTADÍA-3: 18
  • AFORO ZONA DE ESTADÍA-4: 4

 

  • DENTRO DOS VASOS E AREAS DE PRAIA DEBERASE RESPETAR EN TODO INTRE AS INDICACIÓNS DO PERSOAL SOCORRISTA.

 

  • ANTES DE MERGULLARSE É OBRIGATORIO DUCHARSE.

 

  • OBRIGATORIO USAR CALZADO DE BAÑO PERSOAL NAS AREAS DE PÉS DESCALZOS (ZONAS COMÚNS).

 

  • PROHIBIDO ENTRAR NAS AREAS DE ESTADÍA E PRAIA CON CALZADO DA RÚA.

 

  • PROHIBIDO CORRER NAS VEIRAS DOS VASOS.

 

  • PROHIBIDO ENTRAR NAS ZONAS DE BAÑO A PERSOAS CON ENFERMIDADES INFECTO-CONTAXIOSAS.

 

  • PROHIBIDO A ENTRADA DE ANIMAIS NAS INSTALACIÓNS AGÁS CANS GUÍA.

 

  • PROHIBIDO COMER E BEBER  NAS AREAS DE PRAIA.

 

  • PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO.

 

  • PROHIBIDO DEIXAR DESPERDICIOS DENTRO DO RECINTO DA INSTALACIÓN.

 

NORMAS PREVENCIÓN COVID 19

(Normas que poden variar dependendo do nivel de restrición en cada intre)

 

  • OBRIGATORIO O USO DA MÁSCARA: ZONAS DE ESTADÍA, ZONAS COMÚNS, VESTIARIOS, AGÁS NO INTRE DE ACCEDER AOS VASOS E AS DUCHAS.

 

  • DISTANCIA DE SEGURIDADE: 1,5 m. AGÁS CONVIVINTES.

 

  • DESINFECCIÓN DE MANS CON HIDROXEL:  Á ENTRADA E SAÍDA AO RECINTO ASÍ COMO Á ENTRADA AOS VESTIARIOS.

 

  • ENSERES PERSOAIS:  CADA USUARIO FARASE RESPONSABLE DOS OBXETOS PERSOAIS QUE DEPOSITARÁ NAS AREAS DE ESTANCIA EN BOLSAS PERSOAIS PODENDO RECOLLER UN BOLSA NO CONTROL DE ACCESOS  QUE DESVOTARÁ Á SAÍDA DO RECINTO.

 

  • VESTIARIOS: SERÁN UTILIZADOS EXCLUSIVAMENTE PARA MUDARSE E ASEO PERSOAL, NON PODENDO  DEIXAR NOS MESMOS OBXETOS PERSOAIS.

 

  • AFORO VESTIARIOS: 

VESTIARIOS MASCULINO: CAMBIADORES: 3 / DUCHAS: 2

VESTIARIOS FEMININO: CAMBIADORES: 3 / DUCHAS: 2

  

  • CURSO DE NATACIÓN: QUEDA PROHIBIDO O ACCESO AO RECINTO DOS ACOMPAÑANTES. OS ALUMNOS EN CADA QUENDA SERÁN RECOLLIDOS POLO MONITOR/A NA ENTRADA AO RECINTO E DEVOLTOS AO REMATE DA MESMA .

CURSO DE NATACIÓN 2021 – PUBLICACIÓN DE ADMITID@S XULLO E AGOSTO

Rematado o prazo de solicitude praza o 4/Xuño/2021, faise público a relación de admitid@s para os meses de Xullo e Agosto.

Tod@s @s admitid@s, para os dous meses, teñen de prazo ata o 18/Xuño/2021 para facer reserva da praza para o que deberán formalizar a matrícula, según o prezo público aprobado na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021.

Para o que deberán descargar a autoliquidación da web www.deportesribadavia.es, enviala ao email smd@ribadavia.es ou entregala presencialmente nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes. O pago será domiciliado, polo que a autoliquidación entregarase vía email ou presencialmente nas oficinas, en ningún caso se entregará no banco.

 

 

ADMITIDOS PARA O MES DE XULLO

XOAN MEIRIÑO SENRA
CARLA ALVAREZ GONZALEZ
LUCIA VAZQUEZ GONZALEZ
ADRIANA RGUEZ. VILLAR
ROQUE CUIÑAS PEREZ
FABIO ALEN BEJARANO
CAMILA JADE GLEZ. RGUEZ.
DAMASO SOUTO SAMPEDRO
SELENA SOUTO SAMPEDRO
CASTIEL SOUTO SAMPEDRO
RUBEN RGUEZ. CORTES
ALMUDENA TRUJILLO PEREZ
CARLA RODRIGUEZ GONZALEZ
MARUXA MIGUELEZ GONZALEZ
LOIS MIGUELEZ GONZALEZ
PAULA RODRIGUEZ RIVAS
HUGO RGUEZ. VIEITEZ
ARIADNA ALEN BEJARANO
SOPHIA ALEXANDRA PRIETO LOPEZ
RAUL PEREZ RODRIGUEZ
ADRIAN RODRIGUEZ GONZALEZ
LIDIA TRAVIESO IGLESIAS
CLAUDIA TRAVIESO IGLESIAS
TEO MARIA GARCIA ALIENDE
INES JURSCHIK SOTO
ADRIANA COUTO GARCIA
CANDELA COUTO GARCIA
CANDELA RODRIGUEZ CARNEIRO
CANDELA MARTINEZ RODRIGUEZ
FELIX MARTINEZ RODRIGUEZ
MARCOS CORBACHO DOCAMPO
VALENTINA ALVAREZ ALBERTE
ELENA ALVAREZ ALBERTE
MAIA ROZAS LOPEZ
ALBERTO GOMEZ PEREZ
FRANCISCO DE LA LLAVE ALVAREZ
TRISTAN DE LA LLAVE ALVAREZ
IRIA GIL MARTINEZ
ABEL GIL MARTINEZ
CARLA VISO REGUEIRO

 

 

ADMITIDOS PARA O MES DE AGOSTO

XOAN MEIRIÑO SENRA
CARLA ALVAREZ GONZALEZ
LUCIA VAZQUEZ GONZALEZ
ABRIL ROJO ORTIZ
GINA ROJO ORTIZ
NOE ROJO ORTIZ
ROQUE CUIÑAS PEREZ
FABIO ALEN BEJARANO
CAMILA JADE GLEZ. RGUEZ.
DAMASO SOUTO SAMPEDRO
SELENA SOUTO SAMPEDRO
CASTIEL SOUTO SAMPEDRO
ALMUDENA TRUJILLO PEREZ
CARLA RODRIGUEZ GONZALEZ
MARUXA MIGUELEZ GONZALEZ
LOIS MIGUELEZ GONZALEZ
ANXO LOPEZ AREDA
PAULA RODRIGUEZ RIVAS
HUGO RGUEZ. VIEITEZ
ARIADNA ALEN BEJARANO
SOPHIA ALEXANDRA PRIETO LOPEZ
TEO RODRIGUEZ GANDARA
ADRIANA COUTO GARCIA
CANDELA COUTO GARCIA
CANDELA RODRIGUEZ CARNEIRO
CANDELA MARTINEZ ROGRIGUEZ
FELIX MARTINEZ RODRIGUEZ
MARCOS CORBACHO DOCAMPO
GUILLERMO IAN TOUZA GORROÑO
LUCAS TOUZA GORROÑO
VALENTINA ALVAREZ ALBERTE
ELENA ALVAREZ ALBERTE
MAIA ROZAS LOPEZ
ALBERTO GOMEZ PEREZ
IRIA GIL MARTINEZ
ABEL GIL MARTINEZ
CARLA VISO REGUEIRO

 

Neste enlace podes descargar a autoliquidación www.deportesribadavia.es

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 10 de XUÑO de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor ás 00.00 horas do 12 de xuño, e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (LETRA D)

«3.15. Actividade deportiva.

1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara, de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde. No caso da práctica de forma colectiva, recoméndase que os grupos non superen as 15 persoas como máximo de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e nos centros deportivos pechados, poderase realizar en grupos de ata 6 persoas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas cunha ocupación máxima do 50 %».

 

Na seguinte ligazón podes atopar o DOGA 10 Xuño 2021

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS – TEMPADA 21/22

Según se recolle no regulamento sobre Uso das Instalacións Deportivas Municipais, dende o 1 ao 30 de Xuño atópase aberto o prazo para que todalas entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 21/22 para actividade de adestramentos e competicións podan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.

 

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

Rematado o prazo de presentación de solicitude o Consello Municipal de Deportes emitirá unha proposta de resolución provisional que sometida a probación da Xunta Local de Goberno, dando aos interesados un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións o consello municipal de deportes emitirá informe de resolución definitiva que deberá ser sometida a probación da Xunta Local de Goberno.

Por último, asinarase convenio cas distintas entidades solicitantes para regular o uso da/s instalación/s solicitadas así como a subvención concedida.