Autor: smd ribadavia
ACTUALIZACIÓN ACTIVIDADES DIRIXIDAS ADULTOS
𝗔𝗖𝗧𝗨𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 das Actividades Dirixidas de Adultos, os MARTES e XOVES pola MAÑÁ:
-09:30 𝗔𝗗𝗘𝗦𝗧𝗥𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗙𝗨𝗡𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟.
-10:30 𝗕𝗢𝗗𝗬 𝗕𝗔𝗟𝗔𝗡𝗖𝗘 (Disciplina grupal combinada de Pilates, Ioga, Tai chí…).
As actividades de mañá impartiranse no Centro Deportivo Municipal «O Consello«.
PLAN DE PRESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA
RIBADAVIA DÁ UN PASO ADIANTE NO DEPORTE MUNICIPAL
O Pleno aprobou o novo Regulamento de Instalacións Deportivas, adaptado á renovación das infrastruturas, ao tempo que se fan máis accesibles e totalmente dixitalizadas.
~Reservas e pagos en liña.
~Nova zona fitness no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
~Pavillón de Maquiáns totalmente renovado.
~Instalacións máis accesibles.
~Máis seguridade e protección de datos.
Un servizo máis moderno, áxil e pensado para toda a veciñanza.
XOGANDO CO ATLETISMO FINAL COMARCAL 2026
Os días 9 e 11 de Febreiro, disputanse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Benxamín e Alevín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.
As dúas xornadas celebraranse en horario de 11:00 a 13:30 horas, e serán clasificatorias para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE o vindeiro 12 de Marzo.
Nesta ligazón atoparás o Regulamento.
BAILE NO ENTROIDO 2026
O vindeiro mércores 11 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) e o venres 13 de Febreiro ás 17:00 horas (nenos e nenas) celebraráse o Entroido bailando. Exhibición no Ceip Plurilingüe de Ribadavia.
Traede os vosos disfraces…!!!
IV CROS VILA DE RIBADAVIA – RESULTADOS E CLASIFICACIÓN
O sábado 24 de xaneiro celebrouse a Cuarta edición do CROS VILA DE RIBADAVIA no circuito A Veronza do Complexo deportivo municipal O Xestal no que se deron cita atletas de toda Galicia.
Incluíndo varias competicións do calendario da Federación Galega de Atletismo.
-Cuarta edición do Cros Vila de Ribadavia / XXXIX Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster.
-XXIX Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través nas categorías SUB-14, SUB-12, SUB-10,
Ligazón Resultados e Clasificación.
















…
BÁDMINTON COMARCAL CLASIFICACIÓN – ALEVÍN E BENXAMÍN
Nas instalacións do Pavillón Municipal Maquiáns, celebrouse o pasado 20 e 22 de xaneiro o Comarcal de Bádminton nas categorías alevín e benxamín, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia e o Consello Municipal de Deportes.
Na actividade, que deu comezo ás 10:00 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas, competiron un total de 215 participantes (111 alevíns e 104 benxamíns).
O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.
Nesta ligazón atoparás a Clasificación

COMARCAL DE BÁDMINTON
FINAL COMARCAL – CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL – XANEIRO 2026
ALEVÍN FEMININO
1ª Martina Ginel Ruiz – San Salvador de Arnoia.
2ª Aranza Laprea Cedeño – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
3ª Paula Méndez Feijoó – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
4ª Mia Valentina Benedetto Padrón – Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia.
ALEVÍN MASCULINO
1º Ézaro Rodríguez Vázquez – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
2º Miguel Fernández Canitrot – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
3º Mario Álvarez González – Ceip San Salvador de Arnoia.
4º Brandon Ezequiel García Salinas – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
BENXAMÍN FEMININO
1ª Nela Gómez Tapias – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
2ª Sara Álvarez Oliveira – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
3ª Sabela Fernández Otero – Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia.
4ª Eva Taibo Gulín – Ceip Plurilingüe Ribadavia.-
BENXAMÍN MASCULINO
1º Francisco De La Llave Álvarez – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
2º Tiago Osorio Sendín – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
3º Teo Rodríguez Gándara – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
4º Diego González Vidal – Ceip Plurilingüe Ribadavia.








RIBADAVIA SERÁ A SEDE DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS EN 2027
A Real Federación de España de Atletismo (RFEA) ven de dar a coñecer a designación de sedes para as competicións de 2027.
Ribadavia é unha das localidades seleccionadas, polo que acollerá o 23 e 24 de xaneiro de 2027 o Campionato de España de Campo a Través individual e por Federacións Autonómicas, así como o Campionato de España de Campo a Través sub-18, sub-16 e inclusivo por Seleccións Autonómicas.
IV CROS VILA DE RIBADAVIA – XXXIX CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS MÁSTER
O sábado 24 de Xaneiro, no CIRCUITO A VERONZA/Complexo Deportivo Municipal O Xestal, vanse celebrar os campionatos; Cuarta edición do Cros Vila de Ribadavia / XXXIX Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster, e XXIX Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través nas categorías SUB-14, SUB-12, SUB-10, nos que se agarda que pasen algo máis de 850 participantes.
O mércores 14 de xaneiro, tivo lugar no Concello de Ribadavia a presentación dos Campionatos que contou ca presenza do alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández Gíl, así como a do Vicepresidente da FGA, Eladio Gómez e o Técnico de deportes José Manuel Pérez Otero, quenes destacaron a importancia deste campionato que pasa por ser un dos máis numerosos en canto ao número de participantes, salientando ademáis, a presenza de boa parte da importante e prometedora canteira do atletismo galego.
De igual modo, a cita servirá para que se desenvolva o Campionato Xunta de Galicia Máster na que se agarda unha importante presenza de atletas medallistas nas distintas modalidades a nivel estatal e internacional acontecidas o pasado ano 2025.
Durante a presentación, tamén se puxo en valor a capacidade organizativa do concello ribadaviense acostumado a desenvolver tanto probas do Deporte Escolar como probas federadas, e que o levaban a organizar nos últimos cinco anos, os campionatos galegos absolutos no 2022 e 2024.
A edición dará comezo a partir das 10:30 horas cas primeiras carreiras máster, rematando ás 13:50 ca saída da carreira masculina Sub14.
Os eventos están organizados polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes co control técnico da Federación Galega de Atletismo.
Ligazón: Regulamento e Inscricións
Ligazón: Circuito




