II CROSS VILA DE RIBADAVIA

O vindeiro 28 de xaneiro vaise celebrar o II CROSS VILA DE RIBADAVIA no circuito A Veronza do Complexo Deportivo Municipal O Xestal. Nesta segunda edición están incluídas varias probas federadas que forman parte do Calendario da Federación Galega de Atletismo, clasificatorias para o Campionato de España.

Competicións incluídas:

  • XXVI MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO – CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CATEGORÍAS MENORES.
  • XVI CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB16 E L CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB18 HOMES E XLII SUB 18 FEMININO DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL.
  • XXXV CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA MÁSTER DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E CLUBS.

Horario por categorías:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ligazóns: Regulamentos

INFORMACIÓN NADAL 2022

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES

ACTIVIDADES DIRIXIDAS: As clases dirixidas así como o servizo de Adestrador Persoal suspéndense dende o 24 de Decembro ata o 8 de Xaneiro (ambos inclusive).

PECHE DA INSTALACIÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Esta instalación permanecerá pechada ao público os días 24 e 31 de Decembro do 2022, e o  5, 6 e 7 de Xaneiro do 2023.

7ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

A sétima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia congregou a 300 atletas de toda Galicia, Portugal e varios atletas castellano-manchegos. Na proba absoluta tomaron parte 200 atletas e o resto nas restantes categorías dende sub-18 ata biberóns.

A proba absoluta, semiurbana, de casi 10 Km. de percorrido, deu comenzo ás 11:00, chegando o primer clasificado masculino do Atletismo Arenteiro; Albino Fernandez García cun tempo de 30:17. Igualmente a primeira clasificada feminina foi a atleta da A. Atlética do Sil; Antía Rodriguez Abad cun tempo de 34:24.

Nesta ligazón atópase a Clasificación

 

FINAL COMARCAL ESCOLAR O RIBEIRO

FINAL COMARCAL ESCOLAR O RIBEIRO – 29/11/2022

CIRCUITO A VERONZA/COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL – RIBADAVIA

 

Os Centros participantes na Final Comarcal Escolar O Ribeiro foron; IES RIBADAVIA, CPI RIBADAVIA, CRA AMENCER RIBADAVIA, CEIP CENLLE, CEIP CARBALLEDA DE AVIA, CEIP AVIÓN, CEIP LEIRO, CEIP ARNOIA, con un número total de 298 nenos e nenas.

Clasifícanse para o Campionato Provincial (febreiro) os 6 primeiros en «Individual» e os 2 primeiros en «Equipos».

 

Nesta ligazón pódese consultar a Clasificación.

CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO CAMPO A TRAVÉS

XXXIX COPA DEPUTACIÓN OURENSE DE ATLETISMO / CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO DE CAMPO A TRAVÉS– TEMPADA 2022

CIRCUITO A VERONZA / COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL

Dentro da 34ª Copa Deputación de Atletismo no circuito de A Veronza do Complexo O Xestal, disputouse o sábado 26 de novembro, o Campionato Provincial de campo a través federado en todas as categorías. No que tomaron parte todos os clubes da provincia, sendo clasificatorio para o Campionato Galego (que dará acceso ao Campionato de España de Cross), que tamén se disputará no circuito de A Veronza o 28 e 29 de xaneiro do 2023, incluído dentro do II CROSS VILA DE RIBADAVIA.

Nesta ligazón pódese consultar a Clasificación.

 

 

APRAZAMENTO DA FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Dadas as previsións metereolóxicas previstas para o Xoves, 24 de novembro, a Agrupación Escolar O Ribero acordou aprazar a celebración da Final Comarcal de Campo a Través Escolar para o vindeiro Martes, 29 de novembro. Proba que se desenvolverá no circuito A Veronza/Complexo deportivo O Xestal, dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas.

Están inscritos casi 300 alumnos dos centros de ensino da comarca: IES RIBADAVIA, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, CRA RIBADAVIA, CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA, CEIP EMILIA PARDO B. LEIRO, CEIP VIRXE GUADALUPE AVIÓN, CEIP SAN SALVADOR ARNOIA, CEIP OTERO NOVAS CORTEGADA, CENLLE e CEIP DE QUINS-MELÓN.

NOVOS EQUIPAMENTOS NA SALA SPINNING

Debido ao incremento, dende o comenzo do curso 22/23, da demanda das actividades dirixidas en particular a actvidade de SPINNING e polo que vimos de incorporar 3 bicicletas de INDOOR na sala de SPINNING, pasando a contar con esta incorporación con un total de 20 bicicletas.

Actividade da que se ofertan 5 horas semanais cun promedio de asistencia de máis de quince persoas por clase.

DEPORTE ESCOLAR – CURSO 2022/23

Botan a andar as competicións na comarca, incluídas dentro do programa XOGADE, para o curso 22/23, organizadas pola Agrupación Escolar O Ribeiro. No polideportivo O Consello citaronse en xornada matinal (17 de novembro) os alumnos dos centros de ensino de Cortegada e Carballeda de Avia para disputar a 1ª xornada na modalidade de multideporte (baloncesto, balonmán, badminton e fútbol gaélico). A primeira xornada vaise celebrar ente esta semana e a seguinte. Nesta modalidade participan os centros de ensino:

CEIP San Salvador Arnoia. CEIP Pena Corneira Carballeda de Avia. CEIP Emilia Pardo B. Leiro. CEIP Otero Novas Cortegada. CEIP Virxe de Guadalupe Avión. CEIP de Quins Melón. CEIP Plurilingüe Ribadavia.                    

A seguinte disciplina, en entrar en competición, será o CAMPO A TRAVÉS prevista para o 24 de novembro do 2022, no circuito de A Veronza/Complexo O Xestal (10:00 a 13:00 h.) na que se darán cita todos os centros da comarca nas distintas categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete), proba clasificatoria para o Cpto. Provincial.

FINAL COMARCAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

CIRCUITO A VERONZA / COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL

 

A Agrupación Escolar O Ribeiro, dentro do programa XOGADE 22/23, vai celebrar o xoves 24 de novembro a final comarcal escolar na que tomarán parte nen@s de todo os colexios da comarca.

As probas darán comenzó ás 10:30 h. ata as 12:10 h. Participando nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Daranse cita no circuito A Veronza do Complexo O Xestal 300 nen@s, o campeonato será clasificatorio para o Cpto. provincial que se celebrará en O Barco o 4 de febreiro do 2023.

CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO DE CAMPO A TRAVÉS

XXXIX COPA DEPUTACIÓN OURENSE DE ATLETISMO

CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO DE CAMPO A TRAVÉS – TEMPADA 2022

 

CIRCUITO A VERONZA / COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL

A delegación en Ourense da FG Atletismo, dentro da 34ª Copa Deputación de Atletismo vai celebrar o vindeiro 26 de novembro, a final provincial de campo a través federado en toda as categorías. As probas darán comenzo ás 10:00 horas ata as 14:00 horas.

Daranse cita no circuito de A Veronza entorno a 600 atletas representando aos clubes de toda a provincia.

Pincha aquí para consultar o Regulamento e horario das probas.