USO DA MÁSCARA NA PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE FEDERADO DE ÁMBITO AUTONÓMICO

Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego 20-Abril
– Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Tanto no desenvolvemento da actividade física, como na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica NON é obrigatorio o uso da máscara.
A este respecto, deberán adaptarse os respectivos protocolos protocolos Fisicovid-Dxtgalego á normativa vixente.

As medidas previstas terán efectos dende o día 19 de abril de 2022.

 

Nesta ligazón atoparás a GUÍA DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE.

Nesta ligazón atoparás o REAL DECRETO BOE SOBRE USO MASCARILLAS.

 

 

CURSO DE FORMACIÓN PROXECTO DAFIS

O luns, 25/abril/2022, nas Instalacións do Polideportivo municipal O Consello, dirixido por técnicos da Fundación Deporte Galego da Secretaria Xeral para o Deporte ca colaboración do Consello Municipal de Deportes, vai a ter lugar unha xornada de formación para coñecemento e manexo do PROXECTO DAFIS, incluído dentro do PLAN GALICIA SAÚDABLE.

Os obxetivos da formación son os seguintes:

  1. Coñecer o funcionamento da plataforma dixital de valoración da condición física saudable DAFIS.
  2. Coñecer os protocolos e test propostos para a avaliación da condición física saudable.
  3. Establecer un novo modelo de implantación da plataforma DAFIS, a nivel do concello. 

O curso vai dirixido a profesores de educación física, técnicos do servizo municipal de deportes e técnicos de clubs e entidades deportivas interesados.

A formación ten unha duración presencial de 4 horas de 9:30 h. a 13:30 horas. Vaise levar a cabo na SALA-1 do centro deportivo municipal O Consello.

O Concello de Ribadavia adherido ao Plan Galicia Saúdable no ano 2008, a través do Consello Municipal de Deportes busca acadar con esta formación o primer chanzo para implementar os test de avaliación da condición física á pobación infantil do noso concello e posteriormente facelo chegar ao resto da poboación tal como recolle o PROXECTO DAFIS.

Para inscribirse, acceder aquí FOLLA DE INSCRICIÓN.

Nesta ligazón atoparás o Programa do Curso Dafis.

Convocatoria do Consello Reitor Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de abril para o vindeiro luns 11 de Abril de 2022, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a renovación (se procede) do contrato de servizo de explotación de máquinas expendedoras nas instalacións deportivas a ROFERVENDING, SL, renovación (se procede) do contrato mixto de suministro de productos para o tratamento da auga da piscina municipal A Veronza a LINCOLD IBERICA SA, e renovación (se procede) do contrato de servizo de analíticas, actualización de protocolo e xestión do SILOE a AKUNATURA SL. Ademáis do informe sobre o control de calidade da instalación «Novo Sintético» do complexo municipal O Xestal, situación do borrador de convenio para a xestión compartida do Pavillón Municipal Maquiáns e sección orzamentaria propia do CMD para o exercicio 2022.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

 

 

PARABÉNS AO CLUB KÁRATE MIZUKAMI

Simón Rodríguez Armada, o novísimo karateka do Club Mizukami, foi seleccionado para representar a Galicia, no próximo Campionato de España infantil, que se celebrará en Córdoba, a finais do mes que vén.
Simón participará na categoría alevín masculino, en kata individual e Kumite menos de 28 quilos, parabéns.

XOGANDO AO ATLETISMO COMARCAL CLASIFICACIÓN

 

Nas instalacións do polideportivo municipal O Consello, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, disputouse a fase comarcal de «Xogando ao Atletismo», actividade incluída dentro do programa XOGADE  da Secretaria Xeral para o Deporte. Participaron os colexios da comarca en categoría alevín o martes, 22/Febreiro e en categoría benxamín o xoves 24/Febreiro. Proba clasificatoria para o Campionato provincial que se disputara o 17/Marzo nas pista de atletismo de EXPOURENSE.

Ligazón – Clasificación

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO 2022 – COMARCAL

Dentro do programa XOGADE  da Secretaria Xeral para o Deporte, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro, vanse celebrar na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO as dúas xornadas clasificatorias para o provincial que terá lugar o 17 de Marzo nas instalacións da pista cuberta de atletismo de EXPOURENSE.

As dúas xornadas celebraranse na pista central do Polideportivo O Consello, en horario de 10:00 a 13:30 horas.

 

Nesta ligazón atoparás o Regulamento.

II XORNADA DA LIGA GALEGA INFANTIL DE KÁRATE

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebrouse o domingo 20 de febreiro, a II XORNADA DA LIGA GALEGA INFANTIL DE KÁRATE na que tomaron parte karatekas de 26 clubs de toda Galicia nas categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Deron comezo as competicións nas disciplinas de cata e kumite, as 10:00 horas para rematar as 20:00 horas. A Federación Galega de Kárate dispuxo de 4 tatamis na pista central de O Consello polos que pasaron casi 400 karatekas.

Achegamos clasificación nesta ligazón