O xoves 21 de abril no pavillón municipal O Consello levarase a cabo o comarcal de bádminton nas categorías benxamín e alevín.
A xornada dará comenzo ás 10:00 h. ata as 13:00 h..
O xoves 21 de abril no pavillón municipal O Consello levarase a cabo o comarcal de bádminton nas categorías benxamín e alevín.
A xornada dará comenzo ás 10:00 h. ata as 13:00 h..
O luns, 25/abril/2022, nas Instalacións do Polideportivo municipal O Consello, dirixido por técnicos da Fundación Deporte Galego da Secretaria Xeral para o Deporte ca colaboración do Consello Municipal de Deportes, vai a ter lugar unha xornada de formación para coñecemento e manexo do PROXECTO DAFIS, incluído dentro do PLAN GALICIA SAÚDABLE.
Os obxetivos da formación son os seguintes:
O curso vai dirixido a profesores de educación física, técnicos do servizo municipal de deportes e técnicos de clubs e entidades deportivas interesados.
A formación ten unha duración presencial de 4 horas de 9:30 h. a 13:30 horas. Vaise levar a cabo na SALA-1 do centro deportivo municipal O Consello.
O Concello de Ribadavia adherido ao Plan Galicia Saúdable no ano 2008, a través do Consello Municipal de Deportes busca acadar con esta formación o primer chanzo para implementar os test de avaliación da condición física á pobación infantil do noso concello e posteriormente facelo chegar ao resto da poboación tal como recolle o PROXECTO DAFIS.
Para inscribirse, acceder aquí FOLLA DE INSCRICIÓN.
Nesta ligazón atoparás o Programa do Curso Dafis.
Nas instalacións do pavillón municipal Maquiáns, celebrouse o pasado venres 1 de abril o Bádminton comarcal nas categorías infantil e cadete, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia/Consello Municipal de Deportes.
Nesta ligazón atoparás a Clasificación

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de abril para o vindeiro luns 11 de Abril de 2022, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a renovación (se procede) do contrato de servizo de explotación de máquinas expendedoras nas instalacións deportivas a ROFERVENDING, SL, renovación (se procede) do contrato mixto de suministro de productos para o tratamento da auga da piscina municipal A Veronza a LINCOLD IBERICA SA, e renovación (se procede) do contrato de servizo de analíticas, actualización de protocolo e xestión do SILOE a AKUNATURA SL. Ademáis do informe sobre o control de calidade da instalación «Novo Sintético» do complexo municipal O Xestal, situación do borrador de convenio para a xestión compartida do Pavillón Municipal Maquiáns e sección orzamentaria propia do CMD para o exercicio 2022.
Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria
O venres 1 de abril no pavillón municipal Maquiáns levarase a cabo o comarcal de bádminton nas categorías infantil e cadete.
A xornada dará comenzo ás 10:00 h. ata as 13:00 h..
Simón Rodríguez Armada, o novísimo karateka do Club Mizukami, foi seleccionado para representar a Galicia, no próximo Campionato de España infantil, que se celebrará en Córdoba, a finais do mes que vén.
Simón participará na categoría alevín masculino, en kata individual e Kumite menos de 28 quilos, parabéns.


Nas instalacións do polideportivo municipal O Consello, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, disputouse a fase comarcal de «Xogando ao Atletismo», actividade incluída dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte. Participaron os colexios da comarca en categoría alevín o martes, 22/Febreiro e en categoría benxamín o xoves 24/Febreiro. Proba clasificatoria para o Campionato provincial que se disputara o 17/Marzo nas pista de atletismo de EXPOURENSE.
Ligazón – Clasificación


Dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro, vanse celebrar na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO as dúas xornadas clasificatorias para o provincial que terá lugar o 17 de Marzo nas instalacións da pista cuberta de atletismo de EXPOURENSE.
As dúas xornadas celebraranse na pista central do Polideportivo O Consello, en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Nesta ligazón atoparás o Regulamento.

Celebrouse o domingo 20 de febreiro, a II XORNADA DA LIGA GALEGA INFANTIL DE KÁRATE na que tomaron parte karatekas de 26 clubs de toda Galicia nas categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Deron comezo as competicións nas disciplinas de cata e kumite, as 10:00 horas para rematar as 20:00 horas. A Federación Galega de Kárate dispuxo de 4 tatamis na pista central de O Consello polos que pasaron casi 400 karatekas.
Achegamos clasificación nesta ligazón
Competición, na que tomarán parte 26 clubs galegos en categorías base. Logo da 1ª Xornada celebrada en Ferrol esta 2ª xornada terá lugar en Ribadavia.
O total de participantes serán 400 karatekas de toda Galicia, nas categorías prebenxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete, dentro das modalidades de kata e kumite.
O horario do evento será dende as 10:00 h. ata as 15:00 h., e de dende as 16:30 h. ata as 20:30 h., e está organizado pola Federación Galega de Kárate en colaboración co Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.