PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO – DEPORTIVAS 25/26

O luns 15 de setembro darán comezo as Actividades Dirixidas incluídas no Programa Municipal de Actividades Fisico-Deportivas 25/26, agás a Escola de Baile que dará comezo o 29 de setembro.

Este ano por motivo das obras de reforma da planta baixa do Centro Deportivo Municipal «O Consello», vémonos na obriga de trasladar algunhas actividades a outras instalacións: no caso das actividades dirixidas en horario de mañá serán na pista central do CDM «O Consello» e as de tarde desenvolveranse no ximnasio do CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA.

A sala de musculación provisional mantense na planta 1ª do CDM «O Consello» de luns a venres, que poderá volver a utilizarse dende o martes, 9 de setembro de luns a venres en horario de mañá e serán.

A Escola de Karate dependente do C. Escola de Karate Mizukami desenvolverá as súas actividades no CRA Amencer de San Cristovo.

En outubro tamén esta previsto se reanuden os RECREOS ACTIVOS-PATIOS DINÁMICOS, que se desenvolven todo os anos no ximnasio do CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, incluídos no PLAN RIBADAVIA ACTIVA que se enmarca no PLAN GALICIA SALUDABLE DA XUNTA DE GALICIA e que se coordina entre o Servizo Municipal de Deportes e o Departamento de Educacion Física dos centros de ensino coa colaboura dos clubs

Asemade, logo do remate das obras de mellora no Pavillón Municipal Maquiáns, vai a permitir celebrar adestramentos/competicións que ata o de agora non era posible en disciplinas como baloncesto, así como albergar público na grada incluída nas obras de reforma. 

Os cambios de ubicación levados a cabo terán un caracter provisional mentres duren as obras de reforma da planta baixa do Centro Deportivo Muncipal «O Consello».

PRESENTACIÓN TORNEO DE TENIS FESTAS DO PORTAL 2025

En Ribadavia o día 4 de setembro, coa presencia do Señor Alcalde Presidente do Concello de Ribadavia, César Fernandez Gil, do Presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera Casero, do Director do Servizo de Deportes, José Manuel Pérez Otero, e da xogadora Elsa Corral Hidalgo, levoúse a cabo na casa do concello a devandita presentación, destacando os participantes, e o número de categorías que se van desenvolver este ano, remarcando de xeito especial as categorías de absoluto femenino, veteranas +45 e infantil, que non se tiñan disputado hasta agora nas edicións precedentes do torneo. Así mesmo entre os participantes non solo atopamos xogadores da comarca de Ribadavia e doutros lugares da provincia de Ourense, así como xogadores tamen da provincia de Pontevedra.

A xogadora de máis ranking son a pontevedresa María Franceliín Crespo Mendez e o xogador de mellor ranking é o ainda infantil de Ourense Romeo Robleda Leiro.

Os partidos iniciaranse o venres 5 a partir das 16:30 da tarde, e remataran coas finais o luns día 8 tamén pola tarde a partir das 16:30.

O torneo está organizado polo Clube de Tenis Ribadavia, coa colaboración da Federación Galega de Tenis, e disputarase nas pistas de tenis do Complexo Deportivo Municipal «O Xestal».

CEIP PLURILINGÜE DE RIBADAVIA REFORMADO

Grazas á reforma recente do ximnasio do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, o centro conta cun pavimento novo, pistas marcadas para minibasket, badminton e minibalonmán, e todos os equipamentos necesarios para practicar deporte con seguridade.
 
Ademáis, mentres duren as obras no Centro Deportivo Municipal «O Consello», as clases do Servizo Municipal de Deportes, que se impartan pola tarde, trasladaranse aquí.
 
Educación, deporte e infraestruturas de calidade para o noso alumnado e veciñanza.
 
 
 

DEPORTES NAS FESTAS DO PORTAL

Durante as Festas do Portal celebraranse as seguintes actividades deportivas:
 
BALONMÁN – TORNEO FESTAS DO PORTAL
▪️Venres, 5 de setembro dende as 19:00 no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Categorías:
Xuvenil: BM RIBEIRO MOSQUERA E HIJOS – BALONMÁN PORRIÑO
Senior: BM RIBEIRO RODOSA OUR. PROV. TERMAL – BALONMÁN PORRIÑO
Organiza: C.D.C. Ribeiro
 
FÚTBOLSALA – IV TORNEO FESTAS DO PORTAL
▪️Xoves, 4 de setembro ás 20:30 no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Senior Feminino: RIBERO AVIA FC – BALAÍDOS CF
▪️Sábado, 6 de setembro dende as 16:30 no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Categorías:
Infantil:/Cadete/Xuvenil:/Senior Masculino: RIBERO AVIA FC – ACADEMIA FUTSAL
Organiza: Ribeiro do Avia, F.C.
 
TENIS – TORNEO FESTAS DO PORTAL
▪️5, 6, 7 e 8 de setembro, nas Pistas de Tenis,
Venres tarde 16:30 / Sábado e Domingo mañá 10:30 e tarde 16:30 / Luns tarde 16:30. Complexo Deportivo Municipal «O Xestal».
Organiza: Club Tenis Ribadavia
 

PECHE PARCIAL DO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL «O CONSELLO»

Acórdase o peche parcial, ata novo aviso, para levar a cabo os traballos de traslado da Sala Musculación á nova ubicación na planta primeira da instalación, onde se prestará este servizo con caracter provisional, mentras duren as obras de reforma da planta baixa.

Os abonados serán informados cando rematen estes traballos de traslado e se poida voltar a prestar iste servizo.

MELLORA DO PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUÁNS

As obras cun orzamento de 48.315,84 €, dotarán á instalación de novos recursos, coma por exemplo, un sistema de canastas colgantes motorizadas, a construción dunha bancada independente da pista de xogo cunha capacidade aproximada para medio cento de espectadores, e espazos máis seguros e cómodos para clubs, alumnado e público.

PECHE PISCINA MUNICIPAL

Debido á situación climatolóxica actual e os incendios que estamos a sufrir e, así mesmo, o descenso de caudal que estamos a experimentar; pecharase a Piscina Municipal «A Veronza» a partir de mañá, 19 de agosto.

A medida tómase para poder garantir a subministración de auga para uso doméstico.

Agradecemos a compresión e a colaboración de toda a veciñanza nestes complicados intres.