O venres, 1 de Agosto, darán comezo os grupos do mes de AGOSTO do CURSO DE NATACIÓN de NEN@S 2025.
O curso lévase a cabo na instalación da piscina municipal A Veronza en horario de luns a venres distribuido en tres grupos nos seguintes horarios:

O venres, 1 de Agosto, darán comezo os grupos do mes de AGOSTO do CURSO DE NATACIÓN de NEN@S 2025.
O curso lévase a cabo na instalación da piscina municipal A Veronza en horario de luns a venres distribuido en tres grupos nos seguintes horarios:

O CEIP Plurilingüe de Ribadavia segue avanzando na súa posta a punto grazas ás novas obras de mellora que acaban de iniciarse no seu ximnasio. A intervención, promovida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, supón un investimento de 40.983,61 euros e foi adxudicada á empresa Sport Equipalia S.L.U., cun prazo de execución dun mes.
A actuación contempla o acondicionamento integral dun espazo fundamental tanto para a actividade física do alumnado como para outros usos comunitarios e educativos. O ximnasio acolle diariamente as clases de educación física do centro e serve tamén como escenario para o programa “Recreos Activos – Patios Dinámicos”, desenvolvido en colaboración co Servizo Municipal de Deportes dentro do Plan Proxecta da Xunta. Ademais, a Consellería concedeu o uso temporal da instalación ao Concello de Ribadavia para que, a partir do mes de setembro, poida albergar as actividades físico-deportivas do Consello Municipal de Deportes mentres se realizan as obras de acondicionamento na planta baixa do Centro Deportivo Municipal O Consello.
A reforma inclúe a instalación dun novo pavimento deportivo Pavigrass de seis milímetros de espesor, así como a marcaxe de pistas para badminton, minibasket e minibalonmán. As paredes do ximnasio serán pintadas de novo e completaranse os traballos coa colocación de equipamentos como taboleiros de minibasket, postes e redes de badminton, proteccións para os postes de volei e novas espalderas.
Esta nova intervención súmase a outras xa realizadas no CEIP Plurilingüe de Ribadavia durante a presente lexislatura, consolidando un compromiso firme coa mellora das infraestruturas educativas no municipio. No verán de 2024, o centro xa fora beneficiario dunha importante actuación incluída no Plan BEN-Estar da Xunta de Galicia, cun investimento de 95.000 euros. Aquela reforma permitiu renovar o pavimento do comedor e da sala de caldeiras, reformar integramente os aseos e vestiarios da planta baixa, instalar un novo sistema de calefacción máis eficiente e construír un baño adaptado, ademais de novos espazos para o persoal do centro e da cociña.
“Con esta nova actuación, reafirmamos o compromiso do Concello de Ribadavia coa mellora continua das infraestruturas educativas. A colaboración entre administracións é clave para garantir espazos seguros, accesibles e de calidade para o noso alumnado. Agradecemos á Consellería de Educación da Xunta de Galicia o seu apoio e investimento neste proxecto. O traballo conxunto permítenos avanzar con paso firme na mellora da calidade educativa en Ribadavia” declara o alcalde de Ribadavia, César Fernández, que visitou onte as obras.
Dende o Concello destacan que estes investimentos, tanto os xa realizados como os que están en marcha, reflicten un modelo de colaboración institucional que permite dotar aos centros educativos de espazos accesibles, eficientes e adaptados ás necesidades do alumnado, do profesorado e da veciñanza. A aposta pola calidade da educación pública pasa, tamén, por contar con instalacións modernas e versátiles que promovan o benestar físico e emocional das nenas e nenos, fomenten hábitos saudables e contribúan a construír unha contorna educativa segura, integradora e orientada ao futuro.



O vindeiro 28 de Setembro, levarase a cabo en Ribadavia o 29º DÍA DA BICI.
Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
A participación é libre, para todas as idades, e proximamente abrirase a inscrición a través da pressclub.laregion.es.
Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, +Deporte La Región e colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.
O domingo 14 de Decembro, terá lugar a Décima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará como en anos anteriores sobre un circuito semiurbano.
Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.
Próximamente abrirase o prazo para a inscrición a través desta ligazón.

A Comarca do Ribeiro albergará o RAID GALLAECIA 2025 que dará comezo o 20 ata o 26 de xullo.
A primeira etapa percorrerá o Concello de Ribadavia, os participantes tomarán saída en Arnoia pasando por Ribadavia, para rematar en Pena Corneira.
Proba deportiva considerada como deporte extremo/deporte aventura, na que os participantes percorrerán case 500 km. combinando as disciplinas de Mtb, Trekking, Kayaking e Barranquismo.
O evento está promovido por «MARAMAR OUTDOOR SLU», proba que forma parte do circuito mundial de deportes de aventura, clasificatorio para o ARWC 2025 – Canadá.
Nestas ligazóns atoparás a Memoria Técnica e a Guía da Carreira
Dende a apertura ao público o 12 de xuño, o promedio diario de asistencia á instalación está por enriba das 200 persoas/día.
No horario de mañá, asemade do uso libre, acuden á instalación distintos grupos nos seguintes horarios:

CURSOS DE NATACIÓN INFANTIL
O 30 de xuño deu comezo o Curso de Natación Infantil no que se atopan matriculados 38 nen@s, distribuidos en tres quendas, en cada quenda dous grupos con dous técnicos.
1ª quenda: 11:10 horas – Perfeccionamento
2ª quenda: 12:00 horas – Aprendizaxe
3ª quenda: 12:45 horas – Iniciación
CURSO DE NATACIÓN PARA ADULTOS
O 7 de xullo, no horario de 13:30 a 14:15 horas, bota a andar o Curso de Natación para Adultos, orientado tanto á aprendizaxe como ao perfecciónamento de estilos.

O sábado 21 de xuño, ás 9:30 horas, levarase a cabo na Veronza o «Curso de Iniciación á Pesca» con David Arcay, Campeón do Mundo de Pesca, dirixido a mozos e mozas ata 18 anos.
Actividad supeditada a unha inscrición mínima de 15 participantes. Organizada pola Federación Galega de Pesca.
Para inscribirse, hai que acceder a esta ligazón. Data límite, xoves 19 de xuño ás 20:00 horas.












O luns, 30 de Xuño, dará comezo o CURSO DE NATACIÓN NEN@S 2025.
O curso lévase a cabo na instalación da piscina municipal A Veronza en horario de luns a venres distribuido en tres grupos nos seguintes horarios:

Ribadavia albergará a saída dunha das probas do Rallye de Ourense.
Será o sábado 14 de xuño, no horarío de 11:00 h. a 16:00 horas.
Saída: Ponte de San Francisco. Tramo: Ribadavia – Arnoia.
Rúas cortadas ao tráfico dende as 9:00 h. ata as 17:00 horas; dende a Ponte de San Francisco ata Rúa Baixada ao Consello, Rúa Vendaval e Rúa da Foz.