GRUPOS NATACIÓN – MES DE AGOSTO


O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de febreiro para o vindeiro luns 7 de febreiro de 2022, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes están a renovación (si pocede) do borrador do contrato de prevención e control de lexionella a INSAdes SL, renovación (si procede) do contrato de suministro de material de limpeza IRAGO, SL, renovación (si procede) do contrato mixto de suministro de pellets e mantemento caldeira de biomasa dO Consello e Maquiáns, aprobación (si procede) do borrador do Convenio ca Delegación Ourense da Consellería de Educación para a xestión do Maquiáns e aprobación (si procede) da proposta da sección orzamentaria do CMD para o 2022.
Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria
O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de novembro para o vindeiro luns 22 de Novembro de 2021, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación do borrador da acta da convocatoria ordinaria de 4 de Outubro de 2021 e a aprobación da proposta da sección orzamentaria propia do Consello Municipal de Deportes para o exercicio 2022.
Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria
O sábado día 6 de Novembro levarase a cabo a Terceiro CIRCUITO SAUDABLE.
Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende o Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.