Categoría: Sin categoría
28ª DÍA DA BICI – NOVA DATA
DATA : 20 de Outubro do 2024
HORARIO : Saída as 11:00 h. da Praza Maior, pero previamente ás 10:00 h. entregaranse as mochilas e camisetas aos inscritos.
PERCORRIDO semiurbano:
Ribadavia – Francelos – San Cristovo – Ribadavia
Evento non competitivo, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
A participación e libre, para todas as idades, os 200 primeiros que se inscriban a través da webpressclub.laregion.es entregaráselle unha mochila e unha camiseta + Deporte La Región conmemorativa do evento que poderán recoller na Praza Maior.
Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, e colaboran Raiders do Ribeiro e Ciclistas do Ribeiro.
SORTEO: ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os inscritos.
GRUPOS «ESCOLA DE BAILE»
PROGRAMA DE ACTIVIDADES FÍSICO – DEPORTIVAS 2024-2025
O luns, 16 de setembro, bota a andar a programación de actividades físico-deportivas para o curso 24/25.
A oferta de actividades proposta polo Consello Municipal de Deportes prestada a través da empresa de servizos MOUXIÓN, S.L. está aberta a que ao longo do curso poidan incorporarse outras á demanda dos usuarios.
O requisito para poder tomar parte nas mesmas, é ser abonado ao servizo municipal de deportes.
A programación dirixida á poboación adulta dará comezo o 16 de setembro, nas que se atopan as actividades dirixidas e o servizo de adestrador persoal.
A programación infantil dará comezo o 30 de setembro, na que se atopan as actividades da Escola de Baile, e os Recreos Activos Patios Dinámicos.

HORARIO DE INVERNO

DEPORTES NAS FESTAS DO PORTAL 2024
TORNEO TENIS FESTAS DO PORTAL 2024
Os vindeiros días 6, 7 e 8 de Setembro celebraráse nas pistas de tenis do Complexo Deportivo O Xestal o Torneo de Tenis «Festas do Portal».
O derradeiro día de inscrición será o 29 de Agosto a través do email tenisribadavia@gmail.com, incluíndo datos e teléfono de contacto.
CAMPIÓN DE ESPAÑA EN C2 MIXTO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESAS PIRAGÜISMO
O padexeiro ribadaviense David Davila Rodríguez, con ficha no Club de Mar Ría de Aldán – GANDÓN S.A., ven de participar no Campionato de España de Xoves Promesas (infantil e cadete) que se disputou esta fin de semana en Verducido (Pontevedra).
Participou en tres probas acadando un sexto posto en C1, a cuarta praza en C2 co seu compañeiro Manu e o primeiro posto, e campións de España, en C2 mixto coa súa compañeira Cristina.
Parabéns David Davila.
SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR MASCULINA CAMPIONA DE EUROPA
A selección española Junior de balonmán que levou a cabo parte da súa preparación para o Campionato de Europa de Eslovenia no mes de Marzo en Ribadavia, inagurando o novo pavimento do CDM O Consello e disputando o Torneo Internacional contra a Selección Absoluta de Estados Unidos, ven de proclamarse campiona de Europa ao vencer na final a Portugal, logo de superar no campionato aos combinados de Francia, Suiza, Islas Feroe, Austria, Islandia e Dinamarca.
Parabéns aos Hispanos Junior.







CURSO NATACIÓN – GRUPOS AGOSTO
O luns, 1 de Agosto, darán comezo os grupos de Agosto do CURSO DE NATACIÓN 2024.
O curso lévase a cabo na instalación da piscina municipal A Veronza en horario de luns a venres distribuido en tres grupos nos seguintes horarios:
