Despois de tres xornadas de Encontros de Escoliñas levadas a cabo en Ribadavia, e promovidas pola Excma. Deputación de Ourense coa colaboración dos Concellos, nas modalidades deportivas de Minibalonmán (15 de febreiro), Karate (23 de marzo) e Baile Moderno (10 de maio), celebrarase o vindeiro venres 13 de xuño a Clausura do Encontro de Escoliñas no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.
Ditos eventos serán organizados/coordinados por CDC Ribeiro Balonmán e Miño BM. (Minibalonmán), Federación Galega de Karate (Karate) e Foryou Sport (Baile Moderno).