COMARCAL DE ORIENTACIÓN E XORNADA MULTIXOGO

Organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, terá lugar o vindeiro luns 12 de maio nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza a Xornada do Comarcal de Orientación e Multixogo, última actividade do curso 24/25 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Tomarán parte os seguintes centros de ensino de toda a comarca: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CRA Amencer, CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Pena Corneira Carballeda de Avia, CEIP Plurilingüe Otero Novas Cortegada, CEIP Castrelo de Miño, CEIP Quins-Melón e CEIP Emilio Pardo Bazán Leiro, cunha participación de 337 nen@s, nas categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas para rematas ás 13:00 horas.

Nesta ligazón atópase o Regulamento.