O pasado sábado 8 de marzo, celebrouse en Santiago de Compostela o “Cpto Galego Infantil e Copa Cadete” no Pavillón Municipal de Santa Isabel.
Cabe destacar e felicitar ao Club Mizukami polos resultados obtidos en dito Campionato, que son os seguintes:
Campións galegos:
-Simón Rodríguez Armada en kata xuvenil masculino.
-Fabio Alen Bejarano en Kumite infantil masculino máis de 45 kilos.
-Marco Pórtela González en Kumite infantil masculino menos de 30 kilos.
-Ariadna Alen Bejarano en Kumite alevín feminino máis de 32 kilos.
Subcampeóns:
-Simón Rodríguez Armada en Kumite xuvenil masculino menos de 36 kilos.
-Aldara Rojo Neira en Kumite xuvenil feminino menos de 37 kilos.
Bronces de:
-Leire Casas Martina en Kumite infantil feminino máis de 42 kilos.
-Andre Barreiro Bernardez en Kumite infantil masculino menos de 40 kilos.
Estos resultados colocan ao Club Mizukami Escuela de Karate Shotokan, no cuarto posto do medalleiro autonómico.