CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN XOGANDO CO ATLETISMO

Na mañá do xoves 9 de marzo déronse cita na pista cuberta de EXPOURENSE quince colexios de toda a provincia para disputar o Cpto. Provincial de Xogando co Atletismo na categoría Alevín.

A representación da Agrupación Escolar O Ribeiro estuvo formada polos centros clasificados na fase comarcal disputada o 24 de xaneiro nas instalacións do novo sintético do Complexo Deportivo Municipal O Xestal:

  • CPI RIBADAVIA (30 nen@s)
  • CEIP LEIRO (5 nen@s)
  • CEIP ARNOIA (12 nen@s)
  • CEIP CENLLE (7 nen@s)

Os nen@s disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva participando nas distintas probas:

  1. Carreira 10 x 10 metros.
  2. Lanzamento de xavelina branda.
  3. Triplo salto saíndo desde parado.
  4. Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.
  5. Salto lateral de obstáculo baixo.
  6. Carreira de relevos.