CURSOS DE NATACIÓN 2025
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZAS para NATACIÓN DE NEN@S E ADULTOS
Os interesados poden CUBRIR a solicitude dende este enlace PISCINA 2025, selecionando NATACIÓN NEN@S ou NATACIÓN ADULTOS (segundo o caso), ou ben recollela directamente nas oficinas do SMD (Centro Deportivo Municipal «O Consello») de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h..
NATACIÓN ADULTOS
Preinscrición condicionado a formar grupo; mínimo 10 persoas.
Según disponibilidade de horarios na quenda de mañá.
NATACIÓN DE NEN@S
Deberán facer a solicitude «Reserva de Praza Natación» antes das 14:00 horas do día 15 de Maio.
NÚMERO DE PRAZAS : Máximo 80.
IDADE : 4 ANOS en adiante.
DURACIÓN DO CURSO : Dende o 30 de Xuño ao 29 de Agosto.
HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.
PROCEDEMENTO E PRAZOS :
SOLICITUDE DE PRAZA : Ata o 15 de Maio (ás 14:00 horas).
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS : Dende o 26 de Maio ata o 30 de Maio.
RESERVA DE PRAZA (Aboamento Matrícula) : Dende o 2 ata o 6 de Xuño.
GRUPOS E HORARIOS : 11 de Xuño.
PREZO PÚBLICO :
CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS :
1º EMPADROADOS NO CONCELLO DE RIBADAVIA.
2º ABOADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES : Atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012).
3º MATRICULADOS NO CURSO ANTERIOR (Curso Natación 2024).