Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro o 27 de Abril levarase a cabo unha nova «Quedada de BTT», esta vez coa «KEDADA – ENDURO RIBEIRO».
A ruta será con saída ás 9:00 horas dende «Castelo dos Sarmiento», e o percorrido será o da VIII BTT do Ribeiro, cunha dificultade «media-alta» e unha distancia total de 34 km. e un desnivel de 1000 metros.
Para apuntarse, facelo a través do correo: ciclistasdoribeiro@gmail.com