Coa participación do CDC Ribeiro, C. Escola Balonmán e C. Balonmán Miño celebrouse o pasado sábado 15 de febreiro, a 1ª Xornada do Encontros de Escoliñas nos Concellos, neste caso na modalidade Minibalonmán. Actividade promovida pola Excma. Deputación de Ourense ca colaboración dos concellos e coordinado pola entidade CDC Ribeiro Balonmán.
Disputáronse varios encontros ao longo da maña co seguinte calendario:
10:00 Benxamíns: Rebusca46 – Librería Goyma
10:45 Benxamíns: Rebusca46 – Esc. Club BM Miño
10:45 Babies : ADC Ribeiro – C. Escola Balonmán
11:30 Benxamíns: Librería Goyma – Esc. Club BM Miño
Ao remate os participantes recibiron medallas conmemorativas do evento, que foron entregadas polo Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera.
A seguinte Xornada a celebrar será en Marzo na modalidade de Karate.