III CROSS VILA DE RIBADAVIA

O domingo 7 de Xaneiro, no CIRCUITO A VERONZA/Complexo Deportivo Municipal O Xestal, vaise celebrar a terceira edición do Cross Vila de Ribadavia no que estará en disputa o Cpto. Xunta de Galicia individual e de clubs nas categorías SUB-16, SUB-18, SUB-20, SUB-23 e ABSOLUTO clasificatorios para o Cpto. de España que se disputará en Xetafe (Madrid) o 28 de Xaneiro.

Casi setecentos atletas representando a mais de cuarenta clubs de toda Galicia daranse cita no circuito da Veronza nos seguintes horarios de competición:

O evento organizado polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes co control técnico da Federación Galega de Atletismo.

No día de hoxe tivo lugar en Ridadavia a presentación do Cpto. que contou ca presenza do alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández Gíl, así como a do Vicepresidente da FGA, Lalo Gómez.

Durante a presentación destacaríanse, ademáis de aspectos técnicos, a importante tradición do concello en acoller probas autónomicas de campo a través, sumando con esta, un total de seis edicións (2011, 2016, 2017,2018 e 2021), destacando en todas elas a excelente organización resultaría en todas elas. Para este ano, novamente o Concello de Ribadavia está a dispor de todos cantos medios están da súa man para facer da gran cita invernal galega un novo éxito organizativo, sendo un dos elementos máis salientables a excelente adecuación do circuíto de A Veronza, ubicado nunha espectacular contorna paisaxística en pleno paseo fluvial xuntoao río Avia.

Ca disputa deste Campionato de Galicia de Campo a Través, inaugúrase unha nova tempada atlética que ven marcada sen lugar a dúbidas, pola importante cita olímpica de París 2024 no vindeiro verán.

No que atinxe a este campionato, contarase con preto de setecentos atletas entre os que destacada a presenza dos campións galegos absolutos da edición pasada en Xinzo, Laura Santos do Playas de Castellón e Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural. Xunto aos lucenses estarán pelexando tanto polo título como polas medallas, os internacionais El Mehdi El Nabaoui que debuta cas cores do Atletismo Santiago, ou Inés Docampo do ADAS CUPA quen xunto a Isabel Caeiro da Gimnástica, forman un dos grupos de internacionais participantes máis destacados deste campionato. Antonio Serrat do Celta e o independente medallista de bronce o ano pasado Jorge Puig, serán outros dos participantes que teñan moito que decir no circuíto de A Veronza.

No resto de categorías contaremos ca presenza da internacional e plusmarquista de España Xela Martínez, que parte como clara favorita na categoría feminina Sub20. Outras das grandes apostas do atletismo galego de futuro, Sabela Castelo da Gimnnástica na categoría Sub16 e Alex Sierpes do Atletismo Tregana Sub18, convertiránse nuns dos grandes atractivos e alicientes nesta edición.

En canto ao resto de participantes estaremos moi pendentes dos campións galegos Sub18 do ano pasado, Leyla Villar do Ourense Atletismo e Lucas García do Ría de Foz, quenes parten co obxectivo de repetir os excelentes resultados da pasada edición. Gabriel Losada da Gándara, Iván Rego e Carla Díaz doLucus Caixa Rural, Ainhoa Gotándo S.D. Compostela Atletismo e Yago Ignacio García do C.A. Santiago, completan a relación de atletas destacados nesta cita.

Este campionato contará co engadido de ser selectivo para formar parte da Selección Galega que tomará parte no Campionato de España de Campo a Través do vindeiro 28 de xaneiro en Xetafe.

Ligazón: Regulamento, Circuito e Inscricións