REVISIÓN DA ORDENANZA Nº 24 DE PREZOS PÚBLICOS POR USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

No Consello Reitor ordinario de outubro celebrado o 4/Outubro/2021, o presidente deu conta, entre outros da revisión da ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais aprobado no pleno ordinario de Setembro celebrado o 30/Setembro/2021. Dunha banda polo que afecta a instalación de o novo sintetico do complexo O Xestal regulando dunha banda a posibilidade de aluguer de F-11 ou F-8 tanto para adestramentos como para competicións e adaptando o prezos de aluguer aos existentes niste tipo de instalacións do  noso entorno para diste xeito propiciar que equipos de veteranos, grupos de empresa e interesados en xeral de Ribadavia e comarca fagan uso da nosa instalación no canto de desplazarse a outros concellos por cuestión de interés económico. Doutra banda tamén se incorpora unha nova taxa por uso diario da instalación P. O Consello , demandada por usuarios que se atopan de vacacións ou de xeito puntual en Ribadavia dispondo ata o de agora somente do aboamento mensual ou anual.