Os días 22, 23 e 24 de maio, celebrarase en Expourense o «8º Salón do Deporte e Turismo Activo (Xogos Deportivos)».
Este evento está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
Trátase dunha edición especial centrada na Inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos.
Nesta cita, aproximadamente uns 100 nenos e nenas da comarca de Ribadavia, participarán na modalidade de Minibalonmán.
Compartirán espazo clubes e asociacións unha quincena de disciplinas deportivas con distintas asociacións de persoas con diversidade funcional. Os deportes que estarán representados nesta cita son: Atletismo; Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima Clásica; Fitness; Fútbol; Hockey; Karate; Pickleball; Piragüismo; Remo Indoor; Roller cross; Taekwondo; Tai-chi; Tenis; Voleibol; Wushu; Xadrez e Ximnasia.
O horario é de mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Nesta ligazón poderás consultar o programa.