RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS CURSO 23/24

Remata a Actividade Recreos Activos/Patios Dinámicos (16 de Outubro do 2023 ao 30 de Maio do 2024) incluídos dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA do Concello de Ribadavia e do PLAN PROXECTA (CP INNOVA) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, actividade coordinada entre o Servizo Municipal de Deportes e os Departamentos de Educación Fisica dos centros CPI Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer. Agradecer as entidades ADC Ribeiro e Club Karate Mizukami a aportación de técnicos responsables do desenvolvemento da mesma.

O Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos conxuntamente cos proxectos Plataforma DAFIS e Dinamización da vida activa e deportiva, que se levaron adiante ao longo diste curso continuarán o curso 24/25.