INFORMACIÓN NADAL

As «Actividade Dirixidas» (adultos e infantís) e «Adestrador Persoal», así como as Clases do Programa «Adestra a túa Saúde», quedan SUSPENDIDAS dende o 22 de Decembro do 2025 ata o 7 de Xaneiro do 2026 (ambos inclusive).

O Centro Deportivo Municipal «O Consello» permanecerá PECHADO ao público os días 24, 25 e 31 de Decembro do 2025 e o 1, 5 e 6 de Xaneiro do 2026.

GALA DE NADAL

O vindeiro mércores día 17 de Decembro, ás 20:30 horas, celebrarase no Pavillón Municipal Maquiáns a GALA DE NADAL, onde participarán os nenos e nenas de «Escola de Baile» e os usuarios que asisten ás clases dirixidas de «Zumba».

Asistide coa vosa vestimenta máis navideña, e vinde a celebrar o Nadal bailando con nós…!!!

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

O vindeiro 13 de decembro, terá lugar no Circuito A Veronza do Complexo Deportivo Municial O Xestal, o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Servizo Provincial en Ourense en colaboración co Concello de Ribadavia, a Agrupación Deportiva Escolar «O Ribeiro» e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Ourense.

No Cpto. Provincial tomarán parte os clasificados nas fases comarcais das oito zonas en que se atopa divida a provincia de Ourense participando nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.

Nesta ligazón podes consultar a normativa.

 

FINAL COMARCAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS

O martes 18 de novembro, levouse a cabo no circuito A VERONZA/COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL (Ribadavia), a Final Comarcal Escolar, dentro do programa XOGADE, na que tomaron parte nen@s de todos os colexios da comarca.

As probas deron comenzó ás 10:30 h. ata as 13:00 h., participando nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Os Centros participantes na Final Comarcal Escolar O Ribeiro foron; IES O RIBEIRO, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO CENLLE, CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA, CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO, CEIP SAN SALVADOR ARNOIA, CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA, CEIP CASTRELO DE MIÑO, CEIP QUINS-MELÓN, xunto cos centros de ensino de Pontevedra; CEIP ANTONIO CARPINTERO ARBO, CEIP MANUEL SUEIRO CRECIENTE e CEIP VALEIXE, pertencentes á Agrupación Deportiva Escolar Crearcane, cun número total de 495 nenos e nenas.

Ao remate da xornada tivo lugar a entrega das medallas.

Clasificáronse os 6 primeiros para o Campionato Provincial, que se celebrará o 13 de Decembro, no circuito A Veronza/Complexo Deportivo Municipal O Xestal (Ribadavia).

Nesta ligazón pódese consultar a Clasificación.

                              

FINAL COMARCAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS

CIRCUITO A VERONZA / COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL

A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 25/26, celebrará o martes 18 de novembro a Final Comarcal Escolar na que tomarán parte nen@s de todos os colexios da comarca.

As probas darán comenzó ás 10:30 h. ata as 13:00 h. Participando nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Os Centros participantes na Final Comarcal Escolar O Ribeiro son; IES O RIBEIRO, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, CRA AMENCER, CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO CENLLE, CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA, CEIP VIRXE GUADALUPE AVIÓN, CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO, CEIP SAN SALVADOR ARNOIA, CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA, CEIP QUINS-MELÓN, CEIP ANTONIO CARPINTERO ARBO, CEIP MANUEL SUEIRO CRECIENTE e CEIP VALEIXE.

Os dorsais entregaranse no día da proba, antes do comezo da mesma, na zona de saída.

Ao remate da xornada terá lugar a entrega das medallas.

 

 

 

MELLORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS

Ca colocación, a pasada semana das canastas motorizadas, dase por rematada a reforma no PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS adxudicada pola Conselleria de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional por un importe de cuarenta e oito mil trescentos quince con oitenta e catro euros (48.315,84 €).
Esta instalación de titularidade municipal e uso compartido entre o Concello de Ribadavia e o IES RIBEIRO, polo que, en horario de mañá é a aúla de Educación Fisica do Centro de ensino, e no horario de serán e fins de semana o Consello Municipal de Deportes desenvolve actividades de adestramentos e competicións en convenio con entidades deportivas: C.E. Balonmán Ribadavia, CDC Ribeiro, Irmandade Deportiva Os Sarmientos, Ribeiro Futbol-sala, Ximnasia Rítmica Pavillón e outras que puntualmente o solicitan.

Esta mellora ven a subsanar algunha das deficiencias diste equipamento: dunha banda a dotación de canastas motorizadas vai a permitir poder celebrar adestramentos, competicións de baloncesto, minibasket así como unha pequena grada independizada da polideportiva.

Tamén se atopaba incluida na reforma o traslado do cadro xeral de suministro eléctrico a unha zona común, asi como mudar a porta de acceso da dependencia/almacén destinada a material deportivo con acceso directo a pista o que facilita o traslado de material para adestramentos aos clubes.

Actuacións executadas:
• Colocación de xogo de canastas colgantes motorizadas.
• Construción de bancada (9 x 3) con capacidade para 50 persoas.
• Desprazamento de cadro xeral de suministro eléctrico.
• Colocación de valla metálica para independizar terreo de xogo.
• Reforma de almacen de material deportivo.
• Apertura de nova porta de acceso a almacén con saída directa á pista.

INSCRICIÓN ABERTA – 10ª CARREIRA PEDRESTE RIBADAVIA

Para a inscrición accede a esta LIGAZÓN.

O domingo 14 de Decembro, terá lugar a Décima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta

A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14 e Sub 12/Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello cunha distancia de 700 m., estas tres probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub 08 e Biberóns.

Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.

Podes consutar a ruta na seguinte ligazón de WIKILOC.

Nesta ligazón pódese consultar o REGULAMENTO.

DEPORTE ESCOLAR – ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS

Os días 20, 22 e 24 de outubro levouse a cabo no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a 1ª Xornada de Deporte Escolar «Encontros Multideportivos», incluída no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Dentro desta xornada realizáronse 5 modalidades de deporte; minivóley, brilé, minibaloncesto, minibalonmán e gaélico, na que participaron os centros CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Castrelo de Miño Astariz, CEIP Virxe de Guadalupe Avión, CRA Amencer, CEIP Quins Melón e CEIP Otero Novas Cortegada.

A seguinte xornada de Deporte Escolar celebrarase na vindeira semana do 9 ao 12 de decembro, na que participarán os centros CEIP Castrelo de Miño Astariz, CEIP Pena Corneira Carballeda de Avia, CRA Amencer, CEIP Emilia Pardo B. Leiro, CEIP Otero Novas Cortegada e CEIP Carmen García Carrasco Cenlle.

 

 

RECREOS ACTIVOS – PATIOS DINÁMICOS

luns 20 de outubro deu comezo o Programa Recreos Activos-Patios Dinámicos, incluído dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA

  • RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS

Incluído dentro do PLAN PROXECTA da Consellería de Educación dirixido aos alumnos dos centros educativos no que colaboran varios clubs (CDC Ribeiro e Club Tenis Ribadavia) e técnicos do SMD. A actividade levarase a cabo durante o curso 25/26 ata o 29 de maio, durante os horarios de recreo dos centros de luns a venres.

Os contidos desenvolveranse en clave de xogo, tendo como obxetivo incrementar o tempo diarios adicado á práctica de actividade física das nenas e nenos.

 

 

 

BAILE MEIGO

A festa máis terrorífica xa está aquí…!!!

O mércores 29 de outubro (adultos) e o venres 31 de outubro (nen@s) convidámoste a celebrar o Baile Meigo con nós, no CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA.

Ven co teu disfrace máis arrepiante, e prepárate para unha tarde de baile e diversión.