CLUB CICLISTAS DO RIBEIRO, QUEDADA BTT

Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro, o 22 de Febreiro levarase a cabo unha nova «Quedada de BTT», esta vez coa «KEDADA – MTB POPULAR».

A ruta será con saída ás 9:30 horas dende o «Campo da Festa de Francelos», coa opción de saída ás 10:00 horas dende a «Veronza en Ribadavia».

O percorrido será a ruta Francelos – Leiro, cunha dificultade «fácil».

Para apuntarse, facelo a través do correo: ciclistasdoribeiro@gmail.com

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL

XOGANDO CO ATLETISMO FASE COMARCAL (BENXAMÍN E ALEVÍN)

Os días 9 e 11 de Febreiro, disputáronse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Benxamín e Alevín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Na que tomaron parte os Centros de Ensino da comarca, clasificatorio para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE.

 

Nestas ligazóns pódense consultar as clasificacións según as categorías:

Alevíns

Benxamíns

ACTUALIZACIÓN ACTIVIDADES DIRIXIDAS ADULTOS

𝗔𝗖𝗧𝗨𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 das Actividades Dirixidas de Adultos, os MARTES e XOVES pola MAÑÁ:

-09:30 𝗔𝗗𝗘𝗦𝗧𝗥𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗙𝗨𝗡𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟.
-10:30 𝗕𝗢𝗗𝗬 𝗕𝗔𝗟𝗔𝗡𝗖𝗘 (Disciplina grupal combinada de Pilates, Ioga, Tai chí…).

As actividades de mañá impartiranse no Centro Deportivo Municipal «O Consello«.

RIBADAVIA DÁ UN PASO ADIANTE NO DEPORTE MUNICIPAL

O Pleno aprobou o novo Regulamento de Instalacións Deportivas, adaptado á renovación das infrastruturas, ao tempo que se fan máis accesibles e totalmente dixitalizadas.

~Reservas e pagos en liña.
~Nova zona fitness no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
~Pavillón de Maquiáns totalmente renovado.
~Instalacións máis accesibles.
~Máis seguridade e protección de datos.

Un servizo máis moderno, áxil e pensado para toda a veciñanza. 

XOGANDO CO ATLETISMO FINAL COMARCAL 2026

Os días 9 e 11 de Febreiro, disputanse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», os comarcais na modalidade «XOGANDO CO ATLETISMO», nas categorías Benxamín e Alevín, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro e o Consello Municipal de Deportes incluído dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

As dúas xornadas celebraranse en horario de 11:00 a 13:30 horas, e serán clasificatorias para o CAMPIONATO PROVINCIAL que se vai a disputar na pista de atletismo indoor de EXPOURENSE o vindeiro 12 de Marzo.

Nesta ligazón atoparás o Regulamento.

BAILE NO ENTROIDO 2026

O vindeiro mércores 11 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) e o venres 13 de Febreiro ás 17:00 horas (nenos e nenas) celebraráse o Entroido bailando. Exhibición no Ceip Plurilingüe de Ribadavia.

Traede os vosos disfraces…!!!

IV CROS VILA DE RIBADAVIA – RESULTADOS E CLASIFICACIÓN

O sábado 24 de xaneiro celebrouse a Cuarta edición do CROS VILA DE RIBADAVIA no circuito A Veronza do Complexo deportivo municipal O Xestal no que se deron cita atletas de toda Galicia.

Incluíndo varias competicións do calendario da Federación Galega de Atletismo.

-Cuarta edición do Cros Vila de Ribadavia / XXXIX Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster.

-XXIX Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través nas categorías SUB-14, SUB-12, SUB-10,

Ligazón Resultados e Clasificación.










BÁDMINTON COMARCAL CLASIFICACIÓN – ALEVÍN E BENXAMÍN

Nas instalacións do Pavillón Municipal Maquiáns, celebrouse o pasado 20 e 22 de xaneiro o Comarcal de Bádminton nas categorías alevín e benxamín, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia e o Consello Municipal de Deportes. 

Na actividade, que deu comezo ás 10:00 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas, competiron un total de 215 participantes (111 alevíns e 104 benxamíns).

O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.

Nesta ligazón atoparás a Clasificación

COMARCAL DE BÁDMINTON

FINAL COMARCAL – CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL – XANEIRO 2026

ALEVÍN FEMININO

Martina Ginel Ruiz – San Salvador de Arnoia.
Aranza Laprea Cedeño – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
Paula Méndez Feijoó – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
Mia Valentina Benedetto Padrón – Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia.

ALEVÍN MASCULINO

Ézaro Rodríguez Vázquez – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
Miguel Fernández Canitrot – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
Mario Álvarez González – Ceip San Salvador de Arnoia.
Brandon Ezequiel García Salinas – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.

BENXAMÍN FEMININO

Nela Gómez Tapias – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
Sara Álvarez Oliveira – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
Sabela Fernández Otero – Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia.
Eva Taibo Gulín – Ceip Plurilingüe Ribadavia.-

BENXAMÍN MASCULINO

Francisco De La Llave Álvarez – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
Tiago Osorio Sendín – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
Teo Rodríguez Gándara – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
Diego González Vidal – Ceip Plurilingüe Ribadavia.