RIBADAVIA SERÁ A SEDE DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS EN 2027

A Real Federación de España de Atletismo (RFEA) ven de dar a coñecer a designación de sedes para as competicións de 2027.

Ribadavia é unha das localidades seleccionadas, polo que acollerá o 23 e 24 de xaneiro de 2027 o Campionato de España de Campo a Través individual e por Federacións Autonómicas, así como o Campionato de España de Campo a Través sub-18, sub-16 e inclusivo por Seleccións Autonómicas.

IV CROS VILA DE RIBADAVIA – XXXIX CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS MÁSTER

O sábado 24 de Xaneiro, no CIRCUITO A VERONZA/Complexo Deportivo Municipal O Xestal, vanse celebrar os campionatos; Cuarta edición do Cros Vila de Ribadavia / XXXIX Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster, e XXIX Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través nas categorías SUB-14, SUB-12, SUB-10, nos que se agarda que pasen algo máis de 850 participantes.

O mércores 14 de xaneiro, tivo lugar no Concello de Ribadavia a presentación dos Campionatos que contou ca presenza do alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández Gíl, así como a do Vicepresidente da FGA, Eladio Gómez e o Técnico de deportes José Manuel Pérez Otero, quenes destacaron a importancia deste campionato que pasa por ser un dos máis numerosos en canto ao número de participantes, salientando ademáis, a presenza de boa parte da importante e prometedora canteira do atletismo galego.

De igual modo, a cita servirá para que se desenvolva o Campionato Xunta de Galicia Máster na que se agarda unha importante presenza de atletas medallistas nas distintas modalidades a nivel estatal e internacional acontecidas o pasado ano 2025.

Durante a presentación, tamén se puxo en valor a capacidade organizativa do concello ribadaviense acostumado a desenvolver tanto probas do Deporte Escolar como probas federadas, e que o levaban a organizar  nos últimos cinco anos, os campionatos galegos absolutos no 2022 e 2024.

A edición dará comezo a partir das 10:30 horas cas primeiras carreiras máster, rematando ás 13:50 ca saída da carreira masculina Sub14.

Os eventos están organizados polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes co control técnico da Federación Galega de Atletismo.

Ligazón: Regulamento e Inscricións

Ligazón: Circuito

 

 

DEPORTE ESCOLAR – COMARCAL BÁDMINTON

A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 25/26, organiza o 20 de xaneiro (Categoría Alevín) e o 22 de xaneiro (Categoría Benxamín) a fase comarcal na modalidade bádminton, que se vai a celebrar no Pavillón Municipal Maquiáns nas categorías benxamín e alevín, na que van a tomar parte os seguintes centros de ensino cun total de 111 participantes en categoría alevín e 104 en categoría benxamín.

CEIP SAN SALVADOR DE ARNOIA
CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA
CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA
CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA

A actividade dará comezo ás 10:30 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.

10ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

O domingo 14 de Decembro no tradicional circuito semiurbano, levouse a cabo a décima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia con preto de 600 atletas inscritos.

A primeira saída foi a da categoría absoluta as 11:00 horas, na que os atletas percorreron un total de 9 km., con saída ao carón do Castelo e chegada na Praza Maior empregando o 1º clasificado 29 minutos.

A continuación, disputáronse sobre un circuito no casco vello a competición das categorías base.

Ao remate, ás 12:30 h., fíxose entrega dos premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

Para consultar a clasificación pinchar nesta ligazón.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR ~ CIRCUITO A VERONZA

O Sábado 13 de Decembro nas instalacións do CIRCUITO A VERONZA do Complexo Deportivo Municipal «O Xestal», dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas, desenvolvéronse as finais provinciais  nas distintas categorías clasificatorias para o Campionato Galego que se vai a celebrar en Ribadeo (Lugo) o 17 de Xaneiro do 2026 no Circuito A Devesa.

IMG_2397

DEPORTE ESCOLAR – ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS (2ª XORNADA)

Os días 9, 10 e 15 de decembro levouse a cabo no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a 2ª Xornada de Deporte Escolar «Encontros Multideportivos», incluída no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Dentro desta xornada realizáronse 5 modalidades de deporte; minivóley, brilé, minibaloncesto, minibalonmán e gaélico, na que participaron os centros CEIP Castrelo de Miño Astariz, CEIP Pena Corneira Carballeda de Avia, CRA Amencer (Francelos, Sampaio e San Cristovo), CEIP Emilia Pardo Bazán Leiro, CEIP Otero Novas Cortegada e CEIP Carmen García Carrasco Cenlle.

 

INFORMACIÓN NADAL

As «Actividade Dirixidas» (adultos e infantís) e «Adestrador Persoal», así como as Clases do Programa «Adestra a túa Saúde», quedan SUSPENDIDAS dende o 22 de Decembro do 2025 ata o 7 de Xaneiro do 2026 (ambos inclusive).

O Centro Deportivo Municipal «O Consello» permanecerá PECHADO ao público os días 24, 25 e 31 de Decembro do 2025 e o 1, 5 e 6 de Xaneiro do 2026.

GALA DE NADAL

O vindeiro mércores día 17 de Decembro, ás 20:30 horas, celebrarase no Pavillón Municipal Maquiáns a GALA DE NADAL, onde participarán os nenos e nenas de «Escola de Baile» e os usuarios que asisten ás clases dirixidas de «Zumba».

Asistide coa vosa vestimenta máis navideña, e vinde a celebrar o Nadal bailando con nós…!!!

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

O vindeiro 13 de decembro, terá lugar no Circuito A Veronza do Complexo Deportivo Municial O Xestal, o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Servizo Provincial en Ourense en colaboración co Concello de Ribadavia, a Agrupación Deportiva Escolar «O Ribeiro» e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Ourense.

No Cpto. Provincial tomarán parte os clasificados nas fases comarcais das oito zonas en que se atopa divida a provincia de Ourense participando nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.

Nesta ligazón podes consultar a normativa.

 

FINAL COMARCAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS

O martes 18 de novembro, levouse a cabo no circuito A VERONZA/COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL (Ribadavia), a Final Comarcal Escolar, dentro do programa XOGADE, na que tomaron parte nen@s de todos os colexios da comarca.

As probas deron comenzó ás 10:30 h. ata as 13:00 h., participando nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Os Centros participantes na Final Comarcal Escolar O Ribeiro foron; IES O RIBEIRO, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO CENLLE, CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA, CEIP EMILIA PARDO BAZÁN LEIRO, CEIP SAN SALVADOR ARNOIA, CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA, CEIP CASTRELO DE MIÑO, CEIP QUINS-MELÓN, xunto cos centros de ensino de Pontevedra; CEIP ANTONIO CARPINTERO ARBO, CEIP MANUEL SUEIRO CRECIENTE e CEIP VALEIXE, pertencentes á Agrupación Deportiva Escolar Crearcane, cun número total de 495 nenos e nenas.

Ao remate da xornada tivo lugar a entrega das medallas.

Clasificáronse os 6 primeiros para o Campionato Provincial, que se celebrará o 13 de Decembro, no circuito A Veronza/Complexo Deportivo Municipal O Xestal (Ribadavia).

Nesta ligazón pódese consultar a Clasificación.