8ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

Por razóns técnicas, acórdase mudar a data de celebración da 8ª edición da Carreira Pedestre para o día 3 de Decembro, ao fixar a semana pasada a Federación Galega de Atletismo a MEDIA MARATHON DE VILAGARCIA, proba incluída dentro do Campionato Xunta de Galicia de Marathón, que forma parte do calendario oficial da FG Galega de Atletismo, que restaría participantes a nosa proba de caracter popular.

Todos os inscritos a data de hoxe poden solicitar á Secretaría da FG de Atletismo a devolución do ingreso por dereitos de participación no caso de non atoparse interesados en participar na nova data.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalegas.com 

A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 30 de Novembro de 2023.

27º DÍA DA BICI

Celebrouse a 27 edición do DÍA DA BICI, actividade enmarcada dentro do Plan Ribadavia Activa que ten como obxetivo o fomento do uso da bicicleta a incentivar a actividade física entre a veciñanza. Tomaron parte na mesma 190 ciclistas de todas as idades que disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva, percorrendo un circuito semiurbano de 8 Km. Concentrándose dende as 10:00 horas na Praza Maior para recoller as mochilas (con auga e fruta) e camisetas conmemorativas +Deporte La Región, tomando a saída as 11:00 horas percorrendo as rúas do Progreso, Carballiño, A Veronza, Camiño do Río, Francelos e San Lázaro, para voltar á Praza en torno das 12:30 horas. Colaboraron no control da proba ao longo do percorrido asemade de protección civil e policía local, voluntarios do Club Raiders do Ribeiro e Club Ciclista do Ribeiro.

Ao rematar, na Praza Maior levouse a cabo o sorteo de dúas bicicletas costeadas polo Concello de Ribadavia e seis pares de calcetíns doados polo Club Ciclista do Ribeiro.

 

MATERIAL INVENTARIABLE PARA O CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Foi adxudicado o Contrato de Suministro de Material Deportivo Inventariable, material destinado á Sala de Musculación, material didáctico e pista central.

Material que estará suministrado e montado nos vindeiros días.

RELACIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE:

-CINTURÓN HALTEROFILIA COIRO (TALLAS S-M-L
-XOGO MANCUERNAS HEXAGONALES 30
-XOGO MANCUERNAS HEXAGONALES 35
-DIP BELT-CINTURON
-DISCO CAUCHO 15 KG Ø50MM
-DISCO CAUCHO 10KG Ø50MM
-PROTECTOR BARRA CONFORT
-CORREAS SUJECCIÓN NOCELLO/TOBILLO PRO (PAR)
-BARRA PARALELA CURVA CON AGARRE 120CM
-BARRA BICEPS / TRICEPS CON AGARRE 60CM
-ESTRIBO A UNHA MAN
-DOMINADAS E FONDOS ASISTIDOS
-SQUAT RACK DOMINADAS
-JACA DUAL PARA DISCOS
-BANCO PRESS DECLINADO
-ELIPTICA
-BARRA DOMINADAS MULTIGRIP
-DIP BELT
-XOGO DE 2 REDES 4 MM FSALA-BALONMAN A MEDIDA: 3 M LARGO X 2 M ALTO X 1,2 M FONDO SUPERIOR X 1,2 M FONDO INFERIOR CON RED INTERIOR DE CORTINA . COLOR: AZUL/BLANCO
-XOGO 2 REDES BALONCESTO OFICIAL

PREZO DO CONTRATO

PREZO DA LICITACIÓN ( IVA incluido) 18.707,25 euros.

ADXUDICATARIA

PUNTODEPORTE ASESORES , S.L.

RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS

O luns, 16 de Outubro deu comezo o Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos incluído dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA, promovido polo Consello Municipal de Deportes en coordinación cos Dptos. de Educación Fisica dos centros de ensino CPI PLURILINGUE RIBADAVIA e mais no CRA AMENCER no horario de recreo técnico/s aportados polos clubs de Ribadavia e polo SMD, desenvolven actividade física co obxetivo de estimular entre os alumnos do centros a práctica de actividade física co obxetivo, según as recomendacións da OMS, de incrementar a actividade física saúdable na poboación infantil.

Proxecto que foi deu comenzó no Curso 22/23 e que se lle da continuidade neste curso que se enmarca, dentro do programa CP INNOVA da Conselleria de Educación para proporcionar aos centros unha estratexia de mellora da calidade do ensino.

27º DÍA DA BICI

DATA : 22 de Outubro do 2023

HORARIO : Saída as 11:00 h. da Praza Maior, pero previamente ás 10:00 h. entregaranse as mochilas e camisetas.

PERCORRIDO semiurbano:

Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa do Carballiño – A Veronza – Camiño do Río – Francelos – San Lazaro – Praza Maior.

Evento non competitivo, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.

A participación e libre, para todas as idades, os 200 primeiros que se inscriban a través da webpressclub.laregion.es  entregaráselle unha mochila e unha camiseta + Deporte La Región conmemorativa do evento que poderán recoller na Praza Maior.

Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, e colaboran Raiders do Ribeiro e Ciclistas do Ribeiro.

SORTEO: ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os inscritos

8ª CARREIRA PEDESTRE RIBADAVIA – 3 DECEMBRO

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalegas.com 

A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 30 de Novembro de 2023.

O 3 de Decembro, terá lugar a Oitava edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará como en anos anteriores sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta

A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14 e Sub 12/Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub 08 e Biberóns.

A recollida de dorsais terá lugar o Domingo 3 de Decembro, ata 25:00 minutos antes da saída de cada categoría na secretaría de competición (fronte ao concello de Ribadavia/Praza Maior, 4).

Todos os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas, fronte o Concello.

A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes contando nesta edición coa coordinación da Federación Galega de Atletismo.

 

Nesta ligazón está o Regulamento Xeral.

DEPORTE ESCOLAR – PRESENTACIÓN PROGRAMA XOGADE CURSO 23/24

Convocado pola Delegación en Ourense da Secretaria Xeral para o Deporte, o coordinador provincial de deporte escolar, D. Carlos Bericat, presentou o Programa XOGADE para o curso 23/24 aos centros de ensino da comarca.

Asemade, o coordinador provincial trasladou aos presentes que este ano vaise celebrar no circuito de campo a través de A Veronza do Complexo Deportivo Municipal O Xestal o Campionato Provincial de Campo a través (16/Decembro/2023) e o Campionato Galego de Campo a través (14/Xaneiro/2024).

A vindeira xuntanza terá lugar o xoves, 5 de Outubro, convocada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro para elaborar o Calendario de Actividades para este curso, ata o 30 de Maio .

INSCRICIÓN XIMNASIA RÍTMICA 23/24

A actividade Ximnasia Rítmica comeza o primeiro martes ou xoves do mes de Outubro e remata a final de maio.

O horario dos adestramentos é os Martes e Xoves de 16:15 a 18:00 horas.

Para a inscrición dos nenos e nenas no grupo de Ximnasia Rítmica que adestra no Pavillón de Deportes «O Consello». hai que acceder a este enlace Ficha de Inscrición, e para máis información acceder aquí: Información.

Tamén están dispoñibles nas oficinas do Pavillón as fichas de inscrición.

 

Convocatoria do Consello Reitor Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de Setembro para o vindeiro luns 25 de Setembro de 2023, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a toma de posesión dos membros ao Consello Reitor en representación dos distintos estamentos, a aprobación, si procede, da acta da convocatoria extraordinaria de 27 Febreiro 2023, a aprobación, si procede, do horario de inverno de apertura ao público das instalacións deportivas municipais, a aprobación, si procede, da modificación de estatutos e regulamento do CMD, a aprobación, si procede, do plan director de subvencións a entidades deportivas para o 2023, a probación, si procede, da proposta da sección orzamentaria propia do CMD 2024

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria