DEPORTE ESCOLAR – PROGRAMA XOGADE CURSO 25/26

O mércores 9 de outubro, ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia, estaban convocados todos os responsable do Dpto. de Educación Fisica dos Centros de Ensino da comarca para acordar o calendario de competición escolares incluídas no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Dentro das xornadas de promoción contamos con presidente da Federación Galega de Tenis (D. José Mosquera Casero) para presentar a PICK-LEBALL (modalidade promoción do Tenis), asemade o presidente da Agrupación O Ribeiro informa da de MINIBALONMÁN que levará a cabo o CDC Ribeiro (Balonman Rodosa Ribeiro Ourense Termal).

As competicións botarán a andar no mes de Outubro ca primeira xornada de MULTIDEPORTE, e o 19 de novembro levarase a cabo o Comarcal de Campo a Través, no que como no curso 24/25 contaremos cos Centros de Ensino da comarca da PARADANTA (Pontevedra).

O programa de actividades rematará no mes Maio ca celebración na segunda quincena dos XOGOS DEPORTIVOS SPORTUR que se levarán a cabo no Recinto Feiral EXPOURENSE.

Pincha nesta ligazón para acceder á Acta (Acordos).

29º DÍA DA BICI

Celebrouse a 29 edición do DÍA DA BICI, actividade enmarcada dentro do Plan Ribadavia Activa que ten como obxetivo o fomento do uso da bicicleta a incentivar a actividade física entre a veciñanza. Tomaron parte na mesma entorno a 200 ciclistas de todas as idades que disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva, percorrendo un circuito semiurbano de 10 Km.

Concentrándose dende as 10:00 horas na Praza Maior para recoller as mochilas con auga e camisetas conmemorativas +Deporte La Región, tomando a saída as 11:00 horas dende a Plaza Maior, percorrendo Ribadavia, Francelos, San Cristovo, para voltar á Praza en torno das 12:30 horas.

Colaboraron no control da proba ao longo do percorrido, protección civil, policía local e voluntarios do Club Ciclista do Ribeiro.

Ao rematar, na Praza Maior levouse a cabo o sorteo de dúas bicicletas costeadas polo Concello de Ribadavia.

GRUPOS «ESCOLA DE BAILE»

Estes son os grupos e horarios para a actividade ESCOLA DE BAILE:
As clases comezarán o LUNS 29 de Setembro.
 
LUNS/MÉRCORES/VENRES – 17:15 HORAS
MARCO VARELA GONZALEZ
MARA VARELA GONZALEZ
AITANA RODRIGUEZ VIEITEZ
GAEL RODRIGUEZ VIEITEZ
BIANCA MARTINEZ COLLARTE
LEO MARTINEZ COLLARTE
SOPHIA ADIL
SOFIA VILLAR SENRA
VALENTINA PEREZ GOMEZ
VALENTINA OTERO PEROTTI
PENDA FALL
 
VENRES – 16:30 HORAS
UXIA RODRIGUEZ GONZALEZ 
CARLOTA LOPEZ AREDA
SIRA SENRA ACUÑA
MAGUETTE FALL

DEPORTE ESCOLAR – PRESENTACIÓN PROGRAMA XOGADE CURSO 25/26

Convocado pola Delegación en Ourense da Secretaria Xeral para o Deporte, o coordinador provincial de deporte escolar, D. Carlos Bericat , presentou o Programa XOGADE para o curso 25/26 aos centros de ensino da comarca.

Iste ano a xuntanza , por mor das obras no Centro Deportivo Municipal O Consello, tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ribadavia.

Anticipando que neste curso como remate levarase a cabo en EXPOURENSE a 2ª Edicións dos Xogos Deportivos SPORTOUR que se pretenda que sexa a últimos de maio.

A vindeira xuntanza terá lugar o xoves 8 de Outubro, convocada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro para elaborar o calendario de actividades par iste curso, ata o 30 de maio do 2026.

29º DÍA DA BICI

O vindeiro 28 de Setembro, levarase a cabo en Ribadavia o 29º DÍA DA BICI.

Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.

Ás 10:00 h. será a entrega de mochilas e camisetas aos inscritos, e as 11:00 h. será a saída.

O percorrido será; Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa Ribeiro – Rúa Veronza – Rúa do Xestal – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Campo do Souto – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Rúa do Xestal – Camiño do Río – Rúa da Aldea (Francelos) – Ctra. Francelos – San Lázaro – Rúa do Progreso – Praza Maior.

A participación é libre, para todas as idades. 

A inscrición será a traves de pressclub.laregion.es. Os 200 primeiros inscritos entregaráselles unha mochila e unha camiseta. Os restantes inscritos recibirán só unha mochila.

Para inscribirte no Día da Bici, pincha neste enlace, e a seguir pincha no botón “INICIA SESIÓN” situado na esquina superior dereita. Unha vez rexistrado, tes que poñer nome e apelidos, tfno, data de nacemento, dni e talla da camiseta.

Importante, activar a casilla no texto “He leído y entiendo la Politica de Privacidad y acepto la Política de Cookies…”

Finalmente pinchar en Participar. A seguir recibirás un email confirmando a inscrición.

Ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os participantes.

Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, +Deporte La Región e colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.

COMEZO DAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS

Deron comezo as actividades dirixidas incluídas no Programa municipal de Actividades físico-deportivas para o curso 25/26

En horario de mañá impartiranse na pista central de CDM «O Consello», pola tarde as actividades lévanse a cabo do ximnasio de CEIP Plurilingüe Ribadavia. Nas mesmas poderán tomar parte os abonados inscritos ao Servizo Municipal de Deportes, dándose de alta no CDM «O Consello».

Tamén está aberto o prazo para solicitar praza na actividade infantil de «Escola de Baile» que dará comezo o 29 de Setembro en horario de tarde no ximnasio do CEIP Plurilingüe Ribadavia. A inscrición será nas oficinas do CDM «O Consello» ata o día 19 de setembro. Os criterios de adxudicación das prazas serán; 1º- Matriculados ou haber participado na actividade na tempada 24/25. 2º- Por riguroso orden de entrada/inscrición. O número máximo de prazas será de 15 nen@s/grupo. Unha vez cubertos os grupos, xenérase lista de espera.

A Sala de Musculación, instalada de xeito provisional, na planta 1ª do CDM «O Consello», está aberta de luns a venres para os abonados ao SMD en horario de mañá de 8:30 a 13:30 horas e en horario de tarde de 16:00 a 22:15 horas, así como o servizo de sauna.

INSCRICIÓN ACTIVIDADE «ESCOLA DE BAILE» 25/26

Para inscribir aos nen@s á actividade “ESCOLA DE BAILE” farase no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
 
As clases comezarán o día 29 de Setembro, e impartiranse no CEIP Plurilingüe Ribadavia.
 
Haberá dous grupos:
▪️GRUPO 1: IDADES DE 7 E 14 ANOS / VENRES ás 16:30 horas.
▪️GRUPO 2: IDADES DE 3 A 6 ANOS / LUNS/MÉRCORES/VENRES ás 17:15 horas.
 
O número máximo de prazas será de 15 NEN@S/GRUPO.
Idades cumpridas a data 29 de SETEMBRO Do 2025
 
CRITERIO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
1º- Matriculados ou haber participado na actividade na tempada 24/25.
2º- Por riguroso orden de entrada/inscrición.
 
NORMAS:
A inscrición será no Centro Deportivo Municipal «O Consello»
O prazo de solicitude de praza remata o venres 19 de Setembro.
O 25 de Setembro daranse a coñecer os Grupos establecidos.
Unha vez cubertos os grupos, xenérase lista de espera.
A non asistencia xustificada de 5 clases no mes, será motivo de pérdida de praza.
Número mínimo a cubrir, 10 prazas para realizar a actividade.