COMARCAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN

Ca celebración o vindeiro xoves 12 de Maio de 2022, nas instalacións do Complexo Deportivo O Xestal e Área Recreativa da Veronza, do Comarcal Escolar de Orientación porase punto e final ao programa XOGADE, na nosa comarca.
Na que tomaron parte ao longo do curso os centros de ensino da comarca nas distintas modalidades: Campo A Través, Bádminton, Xogando co Atletismo e Orientación incluídas no programa XOGADE.
O evento está organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro ca colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes. Tomarán parte no Comarcal de Orientación os centros de ensino: IES Ribadavia, CEIP Ribadavia, CRAE Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Carballeda de Avia, CEIP Cenlle e CEIP Leiro.
Ao remate da competición farase entrega de medallas aos tres primeiros clasificados nas distintas categorías así como da modalidade Badminton, que se estivo a disputar no mes de Abril.

Nestas ligazóns atoparás o Regulamento e máis o Circuito.

5ª BTT RIBEIRO RIBADAVIA

Cerca de 400 participantes na 5ª BTT de Ribadavia, organizada polo Club Raiders do Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes. A partir das 9:00 cunha saída controlada dende o Novo Sintético de O Xestal ata a Praza Maior, para percorrer as dúas distancias de 30 e 50 km. e chegada ás instalacións de O Xestal.

FORMACIÓN DAFIS

Nas instalación do Polideportivo O Consello levouse a cabo a formación DAFIS (Plataforma de avaliación da condición física saúdable).

O curso foi impartido por Miguel Rodriguez del Corral (Lcdo. Educación Física/Director Técnico da Fundación Deporte Galego), Eliseo Iglesias Soler (Lcdo. Educación Física/Técnico da Fundación Deporte Galego) e Xavier Castro Gacio (Lcdo. Educación Física/Técnico da Fundación Deporte Galego).

A plataforma DAFIS, atópase incluído dentro do plan PROXECTA E DO PLAN GALICIA SAUDABLE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Recibiron a formación 14 persoas entre Mestres de Educación Fisica de varios centros de ensino da comarca, técnicos deportivos de clubs, técnicos do servizo municipal de deportes e un técnico da Deputación de Ourense.

Esta formación é o primero paso para desenvolver dende o SMD un proxecto para promover e incrementar a práctica de actividade física saúdable tendo como primer obxetivo a poboación infantil do noso concello e logo abrilo a cidadanía en xeral.

5ª BTT RIBEIRO RIBADAVIA 2022

O domingo 24 de abril, vaise celebrar a 5ª edición da BTT Ribeiro Ribadavia, con dous percorridos, un de 30 km. e outro de 50 km. Ao non ten carácter competitivo, os participantes están convocados nas instalacións deportivas do Complexo O Xestal ás 9:00 horas con saída controlada ata a Praza Maior para dende alí facer a saída oficial ás 9:25 h. Ao remate da mesma será nas instalacións do Novo Sintético de O Xestal onde os participantes disporán de vestiarios, lavado de bibicletas e como clausura do evento habrá bebidas e pinchos.

 A proba está organizada polo Club Raiders do Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes

Nesta ligazón atoparás os percorridos.

USO DA MÁSCARA NA PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE FEDERADO DE ÁMBITO AUTONÓMICO

Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego 20-Abril
– Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Tanto no desenvolvemento da actividade física, como na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica NON é obrigatorio o uso da máscara.
A este respecto, deberán adaptarse os respectivos protocolos protocolos Fisicovid-Dxtgalego á normativa vixente.

As medidas previstas terán efectos dende o día 19 de abril de 2022.

 

Nesta ligazón atoparás a GUÍA DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE.

Nesta ligazón atoparás o REAL DECRETO BOE SOBRE USO MASCARILLAS.

 

 

CURSO DE FORMACIÓN PROXECTO DAFIS

O luns, 25/abril/2022, nas Instalacións do Polideportivo municipal O Consello, dirixido por técnicos da Fundación Deporte Galego da Secretaria Xeral para o Deporte ca colaboración do Consello Municipal de Deportes, vai a ter lugar unha xornada de formación para coñecemento e manexo do PROXECTO DAFIS, incluído dentro do PLAN GALICIA SAÚDABLE.

Os obxetivos da formación son os seguintes:

  1. Coñecer o funcionamento da plataforma dixital de valoración da condición física saudable DAFIS.
  2. Coñecer os protocolos e test propostos para a avaliación da condición física saudable.
  3. Establecer un novo modelo de implantación da plataforma DAFIS, a nivel do concello. 

O curso vai dirixido a profesores de educación física, técnicos do servizo municipal de deportes e técnicos de clubs e entidades deportivas interesados.

A formación ten unha duración presencial de 4 horas de 9:30 h. a 13:30 horas. Vaise levar a cabo na SALA-1 do centro deportivo municipal O Consello.

O Concello de Ribadavia adherido ao Plan Galicia Saúdable no ano 2008, a través do Consello Municipal de Deportes busca acadar con esta formación o primer chanzo para implementar os test de avaliación da condición física á pobación infantil do noso concello e posteriormente facelo chegar ao resto da poboación tal como recolle o PROXECTO DAFIS.

Para inscribirse, acceder aquí FOLLA DE INSCRICIÓN.

Nesta ligazón atoparás o Programa do Curso Dafis.

Convocatoria do Consello Reitor Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de abril para o vindeiro luns 11 de Abril de 2022, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a renovación (se procede) do contrato de servizo de explotación de máquinas expendedoras nas instalacións deportivas a ROFERVENDING, SL, renovación (se procede) do contrato mixto de suministro de productos para o tratamento da auga da piscina municipal A Veronza a LINCOLD IBERICA SA, e renovación (se procede) do contrato de servizo de analíticas, actualización de protocolo e xestión do SILOE a AKUNATURA SL. Ademáis do informe sobre o control de calidade da instalación «Novo Sintético» do complexo municipal O Xestal, situación do borrador de convenio para a xestión compartida do Pavillón Municipal Maquiáns e sección orzamentaria propia do CMD para o exercicio 2022.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria