Convocatoria do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes

O Alcalde e Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de decembro para o vindeiro luns 14 de Decembro de 2020, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a renovación do contratos de suministro de material de limpeza, do contrato mixto de suministro de pellets e mantemento da caldeira de biomasa, do contrato de servizo de prevención de lexionelose.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 3 de Decembro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 4 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

NOVA PROGRAMACIÓN

REORGANIZACIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES PROVOCADO POLAS NOVAS RESTRICIÓNS DERIVADAS DA COVID 19 (DOGA, 13/NOVEMBRO/2020)

DATA DE COMENZO : 23/NOVEMBRO/2020 EN ADIANTE

SERVIZO (PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES)

• PROGRAMA CLASES DIRIXIDAS PRESENCIAIS : Clases con contidos individualizados por alumno de ALTA INTENSIDADE / MEDIA INTENSIDADE / BAIXA INTENSIDADE.

• CLASES ONLINE EN ABERTO :

  • LUNS : TONIFICACIÓN
  • MARTES : PILATES
  • XOVES : ZUMBA
  • VENRES: MANTEMENTO

• BONOS DE BALDE ( MÁXIMO 2 MESES ) PARA O SERVIZO DE ADESTRADOR PERSOAL.

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVA :
Administración Consello Municipal de Deportes (Luns a Sábado 8:00 a 14:00 h.)
Directamente técnicos Mouxión.



O SEDENTARISMO: UNHA PANDEMIA CON VACINA

Dentro de la serie de artigos que se adentran na relación entre a crise sanitaria desatada polo coronavirus e o deporte, hoxe ofrecemos a reflexión en común do expresidente de FAGDE, Luis V. Solar, e da presidenta da Asociación Cántabra de Empresarios da Salud e Exercicio Físico (ACESEF), Isabel Vega.

Baixo el título ‘El sedentarismo: una pandemia con vacuna’, Vega e Solar fan un chamamento para combater a falta de actividade física, un mal que causa moitas máis mortes que a Covid-19.

Na seguinte ligazón podes ler o artigo: El sedentarismo: una pandemia con vacuna

FORTE CO DEPORTE

Na loita contra a COVID-19 todos temos que estar unidos e o deporte é unha das armas que temos para facer fronte a esta crise sanitaria. Por iso, dende a UFEDEGA  e co apoio da Secretaria Xeral para o deporte, todas as federacións galegas queremos lembrar  que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade establecidas con motivo da pandemia da COVID-19. O DEPORTE É SOLUCIÓN!

CAMPAÑA ANTIGRIPAL 2020

O Polideportivo «O Consello» acollerá a Campaña Antigripal a partires do vindeiro martes 13 de outubro.
O Centro de Saúde de Ribadavia traslada, por motivos de seguridade a Campaña de Vacinación contra a gripe, ás Instalacións do Consello Municipal de Deportes, e máis concretamente ao Polideportivo «O Consello», en horario de mañás de LUNS a VENRES.

VOLTAN AS COMPETICIÓNS FEDERADAS DESPOIS DE 6 MESES DE INACTIVIDADE

Tras o parón provocado pola COVID-19, os nosos clubes voltan a competir, o que celebramos dende o Consello Municipal de Deportes. O deporte federado recupera a tensión da competición que é a súa razón de ser. Seguro que os xiareios das distintas entidades estarán ledos de voltar a animar aos nosos equipos.

O pasado domingo día 4, nas Instalacións de «O Xestal», o CLUBE DE TENIS RIBADAVIA enfrontouse aos tenistas do URECA de Vigo, dentro do Campionato Galego por Equipos de Veteranos +35 masculino, e o vindeiro encontro será o domingo 18 fora da casa contra o CLUBE TENIS PONTEAREAS.

Doutra banda, o equipo de Categoría da 1ª División Nacional de balonmán CARNES DO RIBEIRO, enfrontarase o vindeiro sábado 10 ás 18:00 horas ao SAR PLASTIC OMNIUM, no Pavillón «O Consello», tras gañar o primer partido de liga contra o CARBALLAL (Vigo) por 28-30.

 

 

NOVO SERVIZO DE ADESTRAMENTO PERSOAL

EN QUE CONSISTE O SERVIZO:

  • Adestramento personalizado, monitor-alumno, a través dunha planificación e programación específica adaptada a cada usuario.
  • Planificación personalizada en función dos obxetivos do alumno: saúde, prevención de patoloxías, recuperación de lesións, estéticos, tecnificación para mellora do rendemento, probas físicas, etc.
  • Traballo individual personalizado.
  • Según preferencias do usuario: desenvolvemento das rutinas na propia instalación, en espazos ao aire libre ou no propio domicilio.
  • Asesoramento dietético.

METOLOXÍA:

  • Entrevista: personalizada con previa cita.
  • Avaliación da condición física: aptitude física, datos antropométricos, índice de masa graxa, posibles patoloxías, si fose o caso, informe médico, etc.
  • Adestramento: planificación según preferencias das sesións de traballo.
  • Asesoramento: presencial ou telemático.
  • Progresión: seguimento do traballo realizado polo alumno.
  • Reavaliación: revisión da programación cada 4/5 semanas.

A primeira cita é GRATUÍTA e levarase a cabo:

  • Unha anamnesis.
  • Unha primeira medición. Antropométría (porcentaxe de graxa, mas muscular, líquidos, etc.)
  • Unha entrevista previa.
  • Unha folla de ruta para poder valorar o número de sesións e as necesidades do cliente para poder así orientalo.