APERTURA AO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

O LUNS, 18/XUÑO/2024 ESTÁ PREVISTA A APERTURA AO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA.

HORARIOS :

MAÑÁ: 11:00 h. a 14:30 h.

TARDE/SERÁN: 16:30 h. a 20:45 h.

ACCESO :

Poden solicitarse tanto os ABONOS da toda a tempada, como as ENTRADAS de DIARIO a través da WEB www.deportesribadavia.es.

ACCESO E RESERVAS :

  • A TRAVÉS DA WEB www.deportesribadavia.es: CONDICIÓNS DA RESERVA:
    • A TRAVÉS DA WEB PODEN SACAR OS ABONOS E AS ENTRADAS de DIARIO.
    • NO CONTROL DE ACCESOS PODERÁ SOLICITARSE A PRESENTACIÓN DO DNI PARA A SÚA COMPROBACIÓN.
  • DIRECTAMENTE NA TAQUILLA DA INSTALACIÓN (PISCINA MUNICIPAL) PÓDENSE SACAR AS ENTRADAS DE DIARIO, NOS HORARIOS DE APERTURA AO PÚBLICO.

 

NORMAS XERAIS :

O AFORO SERÁ DUN MÁXIMO DE 244 PERSOAS NA QUENDA DE MAÑÁ E O MESMO NA QUENDA DE SERÁN.

DENTROS DOS VASOS E AREAS DE PRAIA DEBERASE RESPETAR EN TODO INTRE AS INDICACIÓNS DO PERSOAL SOCORRISTA.

ANTES DE MERGULLARSE É OBRIGATORIO DUCHARSE.

RECOMÉNDASE USAR CALZADO DE BAÑO PERSOAL NAS AREAS DE PES DESCALZOS (ZONAS COMÚNS).

PROHIBIDO ENTRAR NAS AREAS DE ESTADÍA E PRAIA CON CALZADO DA RÚA.

PROHIBIDO CORRER NAS VEIRAS DOS VASOS.

PROHIBIDO ENTRAR NAS ZONAS DE BAÑO Á PERSOAS CON ENFERMIDADES INFECTO-CONTAXIOSAS.

PROHIBIDO A ENTRADA DE ANIMAIS NAS INSTALACIÓNS, SALVO CANS GUÍA.

PROHIBIDO COMER E BEBER NAS AREAS DE PRAIA.

PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO.

PROHIBIDO DEIXAR DESPERDICIOS DENTRO DO RECINTO.

 

CURSO DE NATACIÓN :

O CURSO DE NATACIÓN DARÁ COMENZO O LUNS, 1/XULLO  EN HORARIO DE MAÑÁ (11:00 A 14:30 HORAS).

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS – TEMPADA 24/25

Según se recolle no regulamento sobre Uso das Instalacións Deportivas Municipais, dende o 1 ao 30 de Xuño atópase aberto o prazo para que todalas entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 24/25 para actividade de adestramentos e competicións podan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

A dirección do servizo municipal de deportes emitirá un informe coas solicitudes presentadas. 
O Consello Municipal de Deportes,
 aténdose aos criterios preferenciais, dará traslado da proposta de horario que será remita as entidades interesadas dando un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións presentadas e o seu tratamento o CMD redactará o horario definitivo que entrará en vigor o 1 de Outubro.
Posteriormente, a criterio do CMD e antes do 1 de Outubro , formalizarase convenio cas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso, ou ben será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais.

RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS CURSO 23/24

Remata a Actividade Recreos Activos/Patios Dinámicos (16 de Outubro do 2023 ao 30 de Maio do 2024) incluídos dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA do Concello de Ribadavia e do PLAN PROXECTA (CP INNOVA) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, actividade coordinada entre o Servizo Municipal de Deportes e os Departamentos de Educación Fisica dos centros CPI Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer. Agradecer as entidades ADC Ribeiro e Club Karate Mizukami a aportación de técnicos responsables do desenvolvemento da mesma.

O Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos conxuntamente cos proxectos Plataforma DAFIS e Dinamización da vida activa e deportiva, que se levaron adiante ao longo diste curso continuarán o curso 24/25.

GALA FIN DE CURSO

A «GALA FIN DE CURSO» celebrarase o domingo 2 de Xuño ás 11:00 horas na pista central do Pavillón O Consello.

Gala onde actuarán os nenos e nenas que asisten á actividade de «Baile Moderno»e tamén bailarán os usuarios que acuden ás clases de «Zumba».

Entrada de balde e para todos os públicos.

IV XORNADA DA LIGA GALEGA DE KARATE

O sábado 11 de maio, celebrouse no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a cuarta Xornada da Liga Galega de Karate da tempada 2023/24, cun total de 576 inscritos pertencentes a 36 Clubes de toda Galicia, que competiron nas modalidades de Kata e Kumite.

As categorías dos participantes eran Pre-benxamín, Benxamín, Alevín,Infantil, Xuvenil e Cadete, e participaron os dous clubes de Ribadavia; Mizukami Escola de Karate e Kaizen Karate Academy, aportando 31 karatekas locais.

 

 

ABONOS TEMPADA 2024 – PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2024
ABONOS TEMPADA


Está aberto o prazo para solicitar o bono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2024.

Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para a tempada 2024:

  • Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premendo en ABONOS DE PISCINA, e indo a opción mercar abonos tempada.
  • Tamén poden descargar o impreso de pago domiciliado da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “AUTOLIQUIDACIÓN”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

TAXAS POR USOS DE ID :

KARATE – IV XORNADA LIGA GALEGA

O sábado 11 de Maio nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, vaise celebrar a 4ª xornada da Liga Galega de Karate, en horario de mañá (9:30 h. a 14:30 h.) e en horario de tarde (16:30 h. a 21:00 h.). Un total de 576 inscritos pertencentes a 36 Clubs de toda Galicia tomarán parte na competición nas modalidades de Kata e Kumite.

As categorías dos participantes son Pre-benxamín, Benxamín, Alevín,Infantil, Xuvenil e Cadete.

Participan os dous clubes de Ribadavia; Mizukami Escola de Karate e Kaizen Karate Academy, aportando 31 karatekas locais.

A competición poderá seguirse en directo pola canle YouTube da Federación Galega de Karate e a plataforma web Karate Scoring.

XORNADA DE ORIENTACIÓN E MULTIXOGO

O 8 de Maio nas instalacións de O Complexo Deportivo Municipal «O Xestal», levouse a cabo a Xornada de Orientación para as categorías cadete/infantil e a Xornada Multixogo para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Con esta xornada danse por rematadas as fases comarcais en todas as modalidades incluídas no programa XOGADE.

Nesta ligazón podes consultar os RESULTADOS de dita xornada.